Shayda é un filme australiano de 2023 escrito, dirixido e coproducido por Noora Niasari. O filme está protagonizada por Zar Amir Ebrahimi, Osamah Sami, Mojean Aria, Jillian Nguyen, Rina Mousavi, Selina Zahednia e Leah Purcell. Inspirada nas experiencias da infancia de Niasari, a historia conta a vida dunha inmigrante iraniana en Australia que está a criar á súa pequena filla mentres vive nun refuxio de mulleres. Ademais intenta divorciarse do seu marido abusivo que está en Irán.
Estreouse internacionalmente no Festival de Cinema de Sundance o 19 de xaneiro de 2023, e nos cinemas de Australia o 5 de outubro de 2023. Foi escollido como candidato australiano para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Zar Amir Ebrahimi como Shayda Selina Zahednia como Mona Osamah Sami como Hossein Leah Purcell como Joyce Mojean Aria como Farhad Jillian Nguyen como Vi Rina Mousavi como Elly Eve Morey como Lara Lucinda Armstrong Hall como Renee Bev Killick como Cathy Jerome Meyer como Pierre
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Australia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua persa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Australia