María Teresa Otero Sande, nada en Lugo o 2 de novembro de 1944 e finada na Coruña o 21 de decembro de 2001, foi unha profesora e escritora galega.
Traxectoria Naceu na rúa Conde Pallares, filla de Teresa Otero Sande (á súa vez filla do músico Antonio Otero Lamas) e de pai descoñecido. Pasou a infancia coa nai, unha tía e unha tía avoa. Cursou os estudos secundarios no Instituto Feminino de Lugo (actual IES Nosa Señora dos Ollos Grandes) e en 1967 licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela.
No curso 1967-68 desempeñou a Cátedra vacante de Italiano na facultade compostelá de Filosofía e Letras e a de Francés no Instituto Rosalía de Castro de Santiago. Tamén en 1968, con 23 anos, aprobou en Madrid as oposicións á cátedra de Lingua e Literatura Francesa, converténdose na catedrática máis nova do estado nese momento. Rematou neste período os cursos de doutoramento.
No curso 1968-69 presentou a tese de licenciatura Contribución ao Estudo da obra literaria de Alfonso Rodríguez Castelao dirixida por Ricardo Carvalho Calero. É a primeira tese en galego dun tema vinculado a Castelao e feita por unha muller.
En agosto de 1973 ocupou a cátedra de Lingua Francesa B. O. del E. n.º 189, 8/8/1973 do Instituto da Guía de Vigo, onde exerceu o cargo de directora. No curso 1974-75 participou solidariamente nas folgas de PNN e foi expedientada administrativamente por “actividades políticas” xunto con outros cinco profesores catedráticos de Pontevedra, catro dos cales (Carmen Arnoso Clavo, Carlos Casares, Xosé Luís Méndez Ferrín e Francisco Rodríguez Sánchez) e ela mesma terminarán sendo indultados.
Colaborou, entre outras publicacións, en Grial con artigos sobre Rosalía de Castro e Castelao, na Festa da Palabra Silenciada, no semanario A Nosa Terra, no libro Galicia, ano 70Galicia, ano 70 en Google Books. e en Fablas. Revista de Poesía y Crítica. Número especial dedicado a las Letras Gallegas (1971).
No ano 1997 regresou a Lugo destinada ao IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, volvendo á casa natal da rúa Conde Pallares. En 1998 presentou a tese Estructuras narrativas y elaboración lingüística en cuatro novelas de Alejo Carpentier,<ref>Ficha de Estruturas narrativas e elaboración lingüística en catro novelas de Alejo Carpentier en Dialnet.</ref> dirixida por Benito Varela Jácome.
Impartiu aulas ata o curso 2001-02 que non chegou a rematar.
Faleceu no Centro Oncolóxico de Galicia, na Coruña.
ObraRelatos (1990). Sotelo Blanco. 123 páxs. ISBN 8478240683.A illa (1991). Sotelo Blanco. 150 páxs. ISBN 8478241159. Ilustracións de Ánxel Huete.
Libros colectivos Lugo, una radiografía'' (1996). Coordinadora
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria