James Omonigho Igbekeme, nado en Lagos o 4 de xullo de 1995, é un futbolista nixeriano que xoga como lateral esquerdo na Ponferradina, da Primeira División RFEF.

Traxectoria Nacido en Lagos, comezou a xogar ao fútbol nun equipo chamado All Star, pasando logo por unha academia de fútbol, antes de ingresar no Lapa Golden Star. A continuación deu o salto ao fútbol europeo, ingresando na canteira do do GD Ribeirão portugués, e na tempada 2013/14 debutou co primeiro equipo no Campionato Nacional de Séniores, terceira categoría do fútbol luso. En 2015 fichou polo Oliveirense, da Segunda Liga, no que militou durante dous anos, fichando en xuño de 2017 polo Gil Vicente, co que acabou descendendo.

En xuño de 2018 recalou no fútbol español, asinando un contrato de catro anos co Real Zaragoza, da Segunda División. Foi titular na maioría e partidos da súa primeira tempada no club aragonés, participación que foi caendo durante os seguintes anos, debido principalmente ás lesións. Con todo, disputou un total de 104 partidos co equipo de Zaragoza, nos que marcou catro goles.

En xaneiro de 2022 foi cedido ao Columbus Crew da Major League Soccer, onde xogou ata decembro. No verán de 2023, tras unha breve cesión ao Wisła Kraków, rescindiu o seu contrato co Zaragoza e asinou como novo xogador da Ponferradina, da Primeira División RFEF.

Notas

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Lagos Categoría:Futbolistas de Nixeria Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do GD Ribeirão Categoría:Xogadores do Gil Vicente Futebol Clube Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do Columbus Crew Categoría:Xogadores do Wisła Kraków Categoría:Xogadores da Major League Soccer