Isabel Faraldo Calvo, nada en Labañou (Visma, A Coruña) en 1966, é unha sindicalista e política galega.

Traxectoria Traballou nunha empresa téxtil. Conseguiu praza no Servizo Galego de Saúde, onde foi representante sindical. Foi candidata da Marea Atlántica nas eleccións municipais de 2019 pero non foi elixida. En setembro de 2020 o concelleiro Xiao Varela dimitiu, e Isabel Faraldo entrou como concelleira, pero decidiu non integrarse no grupo político da Marea, optando polo seu paso ao grupo mixto. É candidata da coalición Podemos Galicia-Alianza Verde nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Isabel Faraldo, del ayuntamiento de A Coruña a candidata de Podemos para la Xunta de Galicia

Categoría:Políticos de Podemos

Categoría:Concelleiros da Coruña

Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1966