A provincia de Zamora é unha provincia española integrada actualmente na Comunidade Autónoma de Castela e León e cuxo territorio pertenceu antigamente ao Reino de León.
O territorio da provincia de Zamora abarca 10.559 km² e ten 174.544 habitantes no 2018. Trátase dunha poboación fortemente envellecida e en clara regresión demográfica. Os seus principais núcleos de poboación son Zamora (capital da provincia), Benavente e Toro. Outras localidades, cabezas de partido xudicial xunto coas anteriores, son: Villalpando, Pobra de Seabra e Alcañices.
Orixe da provincia A provincia nace como tal co establecemento da División territorial de España en 1833, sendo adscrita á rexión do Reino de León. Parte dos seus territorios antes formaban parte doutras provincias como a de Valladolid e a extinta provincia de Toro.
Comarcas As comarcas da provincia son: Seabra La Carballeda Benavente y Los Valles Tierra de Campos Aliste Tierra de Alba Tierra de Tábara Tierra del Pan Sayago Tierra del Vino Alfoz de Toro La Guareña
Mancomunidades
Mancomunidades actuais Os concellos da provincia están agrupados nas seguintes mancomunidades: Mancomunidade de Alta Seabra Mancomunidade ETAP Benavente y los Valles Mancomunidade La Guareña Mancomunidade Norte-Duero Mancomunidade de Servizos Órbigo-Eria Mancomunidade Reserva de las Lagunas de Villafáfila Mancomunidade Seabra-Carballeda Mancomunidade Sayagua Mancomunidade Tierra de Campos Mancomunidade Tierra de Campos-Pan-Lampreana Mancomunidade Tierra de Tábara Mancomunidade Tierra del Pan Mancomunidade Tierra del Vino Mancomunidade Tierras de Aliste Mancomunidade Valle del Esla Mancomunidade Valle del Tera Mancomunidade Valverde
Mancomunidades antigas Mancomunidade del Raso de Villalpando Mancomunidade Hábitat Rural Mancomunidade de Benavente y Comarca Mancomunidade Lago de Seabra
Concellos non mancomunados Na actualidade, os concellos non mancomunados da provincia son: Cobreros Galende Manzanal de Arriba Pedralba de la Pradería Requeixo de Seabra Toro Valdefinjas
Demografía
Fronteiras A provincia limita coas seguintes provincias: ao norte e sur coas provincias de León e Salamanca respectivamente , ao Leste coa Valladolid, e ao oeste coa galega Ourense e tamén co distrito portugués de Braganza.
Características Comprendida na submeseta norte, o seu territorio presenta numerosos contrastes. Destaca unha zona montañosa ao norte, parte dos Montes de León, con alturas que chegan aos 2.127 m (Pena Trevinca). Na zona occidental da provincia, a Serra da Culebra rexistra alturas de ata 1.243m (Pena Mira) e acolle no seu seo a Reserva Nacional de Caza do seu mesmo nome, con importantes poboacións de lobo ibérico (as máis significativas da península), cervos e xabaríns, entre outros. Ao SO da provincia o río Douro discorre encaxonado nunha garganta denominada Arribas do Douro con desniveis de ata 200 m, constituíndo unha fronteira natural con Portugal. A zona centro, leste e sur presenta a típica chaira meseteña.
Hidrografía e recursos do subsolo A hidrografía provincial está fortemente marcada polo Douro, que a atravesa de leste a oeste, e os seus afluentes: Valderaduey, Esla, Órbigo, Teira, Cea, Aliste, (estes 4 últimos afluentes do Esla), Guareña, Tormes. A excepción constitúea o río Bibei, afluente do Sil, que discorre pola zona máis noroccidental da provincia. As augas do Douro, do Teira, do Esla, do Bibei e do Tormes foron embalsadas ao longo do seu curso pola provincia para aproveitamento hidroeléctrico, sendo os encoros de maior capacidade o de Almendra no Tormes e o de Ricobayo no Esla. De particular interese son o Lago de Sanabria, o maior da península de orixe glaciar e as Lagoas de Villafáfila, de carácter estepario, con importantes concentracións de aves en determinadas épocas do ano.
Existen augas mineiro-medicinais nas vilas de Almeida, Ribadelago (Bouzas) e Calabor.
Lingüística O idioma predominante é o castelán, mais tamén se conserva o leonés en zonas como SanabriaFrías Conde, F.X. El sanabrés. Anuario do Instituto de Estudos Zamoranos "Florián Ocampo". Deputación de Zamora, 1999, BenaventeYnduráin, Francisco. Notas sobre el habla de Benavente (Zamora)., Aliste,Curto López, Mª Rosa. Nuevas aportaciones dialectales al habla de la Tierra de Aliste. Universidade de Valladolid, 1973., SayagoStern, Charlotte. Sayago and Sayagués in Spanish History and Ltierature. Hispanic Review, XXIX, University of Pennsylvania, 1961.. O seu arraigo é maior canto máis ao noroeste e máis disperso canto máis ao sur e leste Morala Rodríguez, José Ramón. Originales y copias: El proceso de castelanización en el área leonesa. Actas do V Congreso Internacional de Historia da Lingua Española, Valencia 31 de xaneiro -4 de febreiro 2000 / coord. por María Teresa Echenique Elizondo, Juan P. Sánchez Méndez, 2002. Nos vales do Tuela e o Bibei fálase galego (concellos de Porto, Hermisende, Pías, Lubián), onde ten cotas de emprego superiores ao 95%E-PrintsUCM - O galego exterior ás fronteiras administrativas Textos do galego exterior.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de concellos de Zamora Galego exterior Ligazóns externas Zamora Turismo
Zamora Zamora