miniatura|Os Reis Dragóns dos Catro Mares no Gran Templo de Mazu, en Tainan. ou é o rei dragón do mar do oeste (xihai longwang 西海龙王), un dos reis dragóns dos Catro Mares das mitoloxías chinesa e coreana. Trátase dunha importante crenza do folclore popular chinés, polo que existen múltiples templos dedicados aos reis dragóns.
Ao Run é o patrón do lago Qinghai, e está relacionado co Tigre Branco, xa que ambos son divindades do oeste. Os seus irmáns son Ao Guang, o rei dragón do mar do leste; Ao Qin, o rei dragón do mar do sur, e Ao Shun, o rei dragón do mar do norte.
Lenda Segundo a Chuanshuo qinghai 传说青海 ("A lenda de Qinghai"), moito tempo atrás, o rei dos dragóns estaba moi feliz polo nacemento dos seus catro fillos. Ao medrar, comezaron a causarlle molestias polas súas numerosas bromas e novatadas, polo que decidiu convocalos a todos no seu pazo de cristal. Alí, díxolles: "Agora sodes grandes, polo que deberiades ter os vosos propios territorios". Xa que logo, ordenou ao máis vello, Ao Guang, facerse rei do mar do leste; ao segundo, Ao Qin, mandouno gobernar o mar do sur; e ao terceiro, Ao Shu, o mar do norte. Todos eles desexaban vivir co seu irmán máis novo, Ao Run, que non obstante exclamou: "Eu serei o rei do mar do oeste!". Coa beizón do pai, os reis dragóns emprenderon a súa viaxe.
Porén, Ao Run voou por longo tempo sen atopar o mar do oeste. Ao chegar ao pé da montaña Qilian, exhausto, púxose a chorar, dado que non podía ser rei do mar do oeste se este non existía. Así, ascendeu a montaña e convocou ás tormentas, pero sen éxito. O emperador de xade, sentindo mágoa por Ao Run, enviou ao señor do trono, á nai do raio, ao conde do vento e mais ás nubes para axudalo. Deste xeito, naceu o lago Qinghai. Dende entón, Ao Run domina as súas augas como rei do mar do oeste.
Ao Run tivo tres fillos: Ao Lie, o corcel de Tang Sanzang; Ao Moang; e mais unha filla, Ao Cinxin, tamén chamada a dragoa do mar do oeste.
Na mitoloxía coreana Na coñecida lenda de Jakjaegeon, parte da mitoloxía fundacional da dinastía Goryeo, o protagonista mata a un vello gwishin co seu arco, a petición de Ao Run, que se lle apareceu nun soño. En agradecemento, o rei dragón concedeulle a man da súa filla, e predí que o neto será o futuro monarca Taejo de Goryeo. Jakjaegeon tivo catro fillos, o máis vello dos cales, Yong Geon, foi o pai de Taejo.
Outro mito afirma que Ao Run enviou unha tartaruga ao rei Changsu de Goguryeo para felicitalo por mudar a capital do seu país a Pyongyang.
Na cultura popular
O nome xenérico do extinto genus de dinosaurio Aorun provén do rei dragón do mar do oeste.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Dragón chinés Dragón coreano
Ligazóns externas
Xi youji 西游记 ("Viaxe ao oeste")
Categoría:Deuses da auga Categoría:Mitoloxía chinesa Categoría:Mitoloxía coreana Categoría:Dragóns