Víctor Manuel Lantes Vedruné, nado na Coruña o 9 de febreiro de 1919 e finado en París o 19 de agosto de 2007, foi un militar galego.
Traxectoria Neto de Guillermo Vedruné Sabot. Os seus pais, Manuel Lantes e Victoria Vedruné, tiñan unha taberna preto da estación de tren de San Cristovo. En 1923 tivo que fuxir coa súa familia ante a represión por dar acubillo e axuda a varios líderes sindicais. Medrou en Baiona coa avoa e uns tíos mentres os seus pais marcharon a Cuba. A nai regresou e marcharon para Alxer, e o pai foise para Nova York. Ao volver o pai puxeron un comercio de comestibles.
Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 Víctor traballaba nunha fábrica como mecánico axustador e militaba nas mocidades do Partido Comunista. A comezos de 1937 foi mobilizado en artillaría. Lantes escapou, chegou en barco a Marrocos, onde foi detido. Preso no penal de Oudja, controlado por simpatizantes do réxime de Vichy fixéronlle unha oferta para alistarse na Lexión Estranxeira e mandárono conter o avance dos ingleses e americanos. Desertou aos tres meses e alistouse na 2ª División Blindada do xeneral Leclerc en xullo de 1943. Desembarcaron en Europa, e a súa unidade loitou en Laval, Argentan e nas batallas de Écouché e do bosque de Écouves. Chegaron a Anthony, nos arrabaldes de París, onde sorprenderon as forzas alemás e dispersáronas con fogo de morteiro abrindo camiño para que La Nueve entrase na capital francesa.
Vida persoal
Casou en Francia e tivo dous fillos. Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Victor Manuel Lantès
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2007