Helene von Druskowitz, nada o 2 de maio do 1856 e finada o 31 de maio do 1918, foi unha filósofa, escritora e crítica musical austríaca. Doutorouse pola Universidade de Zürich, sendo a segunda muller en facelo. Publicou a meirande parte dos seus escritos baixo un pseudónimo masculino, debido ao sexismo imperante.
Traxectoria Naceu en Hietzing (Viena) no 1856. O seu nome de nacemento era Helena Maria Druschkovich. No 1874, trasladouse a Zürich, completando o seu abitur no 1878. Estudou filosofía, arqueoloxía, literatura alemá, orientalismo e linguas modernas. Foi a primeira muller austríaca en doutorarse, e a segunda doutora pola Universidade de Zürich, despois de Stefania Wolicka (1851-1937). A súa tese tratou sobre o Don Juan de Lord Byron (1788-1824).
Posteriormente, traballou como profesora de historia da literatura en diferentes universidades (Viena, Zürich, Múnic e Basilea). Tamén viaxou polo norte de África, Francia, Italia e España. No 1881, coñeceu a Marie von Ebner-Eschenbach, quen a introduciu no seu círculo literario. Tres anos máis tarde, entrou en contacto con Lou Andreas-Salomé e Friedrich Nietzsche, a través de Malwida von Meysenbug. Von Druskowitz foi unha das poucas persoas en recibir un exemplar do Also sprach Zarathustra (1883-1885), autopublicado por Nietszche. Porén, a súa relación co filósofo non durou moito tempo, xa que este criticou a súa teoría da relixión, exposta en Moderne Versuche eines Religionsersatzes ("Intentos modernos de substituír a relixión", 1886).
No 1885, publicou un libro sobre tres poetas inglesas: Joanna Baillie, Elizabeth Barrett Browning e George Eliot. No 1886, finou o seu irmán, e a nai de ambos dous anos despois. No 1887, Druskowitz comezou unha relación sentimental en Dresden coa cantante de ópera Therese Malten. Nesta época, empezou a beber en exceso, e tivo problemas coas drogas. Tras separarse de Malten no 1891, Druskowitz caeu no alcoholismo, polo que foi internada nun hospital psiquiátrico. Porén, continuou a escribir e publicar até o 1905. Tamén contribuíu á fundación das revistas feministas Der heilige Kampf ("A santa loita") e Der Federuf ("A chamada da pluma"). Druskowitz criticou tanto a relixión coma o sexismo e, tras a súa ruptura con Nietzsche, a filosofía deste.
Faleceu a finais de maio do 1918 en Mauer-Öhling, dunha disentería, tras pasar vinte e sete anos de reclusión en institucións psiquiátricas. A filósofa desexaba que a súa morte pasara desapercibida; no seu testamento, escribiu:
Obras Sultan und Prinz ("O sultán e o príncipe", 1882) Der Präsident vom Zitherclub ("O presidente do club da cítara", 1883–84) Percy Bysshe Shelley (1884) Drei englische Dichterinnen ("Tres poetas inglesas", 1885) Moderne Versuche eines Religionsersatzes ("Intentos modernos de substituír a relixión", 1886) Wie ist Verantwortung und Zurechnung ohne Annahme der Willensfreiheit möglich? ("Como son posibles a responsabilidade e a culpabilidade sen asumir o libre albedrío?", 1887) Zur neuen Lehre. Betrachtungen ("O novo ensino: consideracións", 1888) Zur Begründung einer neuen Weltanschauung (Zur neuen Lehre) ("Sobre as bases dunha nova Weltanschauung (sobre o novo ensino)", 1889) Eugen Dühring. Eine Studie zu seiner Würdigung ("Eugen Dühring: un estudo na súa honra", 1889) Aspasia (1889) Die Pädagogin ("O pedagogo", 1890) Philosophischer Rundfragebogen ("Cuestionario filosófico", 1903) Pessimistische Kardinalsätze ("Sentenzas cardinais pesimistas", 1988, co título Der Mann als logische und sittliche Unmöglichkeit und als Fluch der Welt, "O home como imposibilidade lóxica e moral, e coma maldición do mundo")
Notas
Categoría:Finados por disentería Categoría:Finados en 1918 Categoría:Nados en 1856 Categoría:LGBTIQ+ Categoría:Mulleres e filosofía Categoría:Feministas de Austria