Paco Morgan, nado en Madrid en 1969 e residente en Vigo, é un escritor galego.
Traxectoria Ten estudos de Xeografía e Historia realizados na Universidade de Santiago de Compostela.
Exerceu como funcionario do Estado de prisións ata a súa xubilación na Lama. Ten traballado como profesor voluntario na Cruz Vermella.
Coa súa primeira novela, A rede branca (2024), quedou finalista do Premio Xerais. Ambientada en Úrvida (que poidera ser Vigo), é unha novela negra cunha estrutura coral formada por catorce personaxes protagonistas que van entrelazando as súas historias arredor da cocaína.
Obra
A rede branca (2024). Vigo: Xerais. 160 páxs. ISBN 978-84-1110-499-9. ePub: ISBN 978-84-1110-505-7. Notas
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1969