Unha canle ou bomba de protóns é unha canle iónica a través da cal se produce o fluxo de protóns entre os dous lados da membrana celular.

Constitúen unha familia de proteínas que inclúe unha ampla gama de canles e transportadores, entre os que os máis coñecidos son as canles de protóns dependentes da tensión, cuxa abertura depende da tensión e do pH.Cherny, V.V., V.S. Markin, e T.E. DeCoursey. 1995. "The voltage-activated hydrogen ion conductance in rat alveolar epithelial cells is determined by the pH gradient." J. Gen. Physiol. 105:861-896. Tamén o son a subunidade F0 da ATP sintase ou ATPase, a proteína termoxénica UCP1, un membro das proteínas de desacoplamento mitocondrial ou UCP e moitos transportadores de solutos e ións.

Rol na dixestión e protección inmunitaria As bombas de protóns teñen un papel fundamental na dixestión. Atópanse nas células parietais do estómago, onde son responsábeis da produción de ácido clorhídrico, esencial para a activación de enzimas dixestivas e para a descomposición dos alimentos. Ademais, o mantemento do pH ácido no estómago axuda a previr infeccións, pois moitos microorganismos patóxenos non sobreviven neste ambiente.

Obxectivo farmacolóxico As bombas de protóns son un obxectivo para un grupo farmacolóxico de medicamentos específicos que tratan afeccións estomacais, como os inhibidores da bomba de protóns usados para reducir a produción de ácido no estómago e tratar afeccións como a ERGE e as úlceras pépticas.

Véxase tamén

Bomba de cobalto (medicina) Bomba de Na-K Canle iónica Canle iónica regulada por ligando Canle iónica regulada por voltaxe Canle de calcio Canle de calcio regulada por voltaxe Canle de cloruro Canle de potasio Canle de sodio Hidroxonio inhibidor da bomba de protóns Xantorodopsina

Categoría:Proteínas de transporte