José Sueiro López, nado en Mesía cara a 1905, foi un labrego e político galego.

Traxectoria Veciño de Céltigos. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Frades en marzo, na comisión xestora presidida por Jesús Lodeiro Souto, e foi síndico da corporación.La Voz de Galicia, 17-3-1936, p. 6.Concelleiros da corporacións republicanas Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado por rebelión na Coruña o 4 de setembro de 1937 xunto con Ramón Cabo Budiño, Jesús Sánchez Rodríguez, José Mirás, Antonio Sánchez Uzal, Manuel Pérez Tojo, José Pérez Cabo, José Díaz Vázquez, Antonio Sánchez Sánchez, Manuel Grobas Oliver, Antonio García Iglesias, Jesús Corral Ferrer, Manuel Mella Sánchez, José Vázquez Sánchez, Manuel Bermúdez Tizón, Constante Carro Bermúdez e José Bermúdez Fraga.El Ideal Gallego, 5-9-1937, p. 4.La Voz de Galicia, 5-9-1937, p. 3. Foi condenado a cadea perpetua. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1942.BOE, 24-8-1942, p. 3330.

Notas

Categoría:Concelleiros de Frades Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Mesía Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en ano descoñecido