Alfonso Carlos Soto Martín, nado en Ribadavia en 1953, máis coñecido como Alfonso Soto ou simplemente como Fon, é un pintor galego.

Traxectoria Con estudos en formación profesional, traballou como obreiro, primeiro en Vigo e logo en Ourense, desempeñando distintos oficios, actividade profesional que compaxinou coa pintura. Dedicouse ó estudo dos movementos artísticos do século XX, como o cubismo e o expresionismo, experimentou con diferentes técnicas e materiais como spray, acrílico, terra ou cartolina. De formación autodidacta, compartiu estudio con Ramón Conde, Miguel Mosquera, Miguel Carballo e Emilio Cid na década de 1970. Na década de 1980 incorporouse como deseñador na firma de moda Adolfo Domínguez.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas 20px

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Pintores de Galicia do século XXI Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Deseñadores de Galicia