Francisco Miguel Llanos Trápaga, nado en Madrid o 22 de decembro de 1888 e finado en Vigo o 16 de decembro de 1956, foi un fotógrafo e fotoxornalista galego.

Traxectoria

Fillo de Francisco Llanos Mas, colaborou co seu pai no estudio de fotografía. En 1909 sacou a rúa a revista Alegría. A partir dos anos vinte colaborou en Faro de Vigo como redactor e fotógrafo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 destruíu moitos clixés que poderían ser comprometedores para os vigueses de esquerda. Finou en Vigo o 16 de decembro de 1956.El Pueblo Gallego, 15-12-1957, p. 3. Vida persoal Casou en Vigo con Ángeles González Iglesias e foi pai de Ángel Llanos González.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Foto Llanos

Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1956