Carmen Panero Menor, nada en Pontevedra en 1949, é unha escritora e crítica literaria galega.
Traxectoria Estudou filoloxía románica na Universidade de Santiago de Compostela e é profesora de literatura española en Vigo. Realizou o seu labor de crítica literaria en revistas como Nó, Andaina e Festa da Palabra Silenciada, Faro de Vigo, Diario 16 de Galicia.
Obra Narrativa Diario do mimo (1989, Galaxia). A casa de Limpias (1994).
Ensaio Códice Calixtino de Luz Pozo Garza (1993, Edicións do Cumio).
Obras colectivas O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990) (1990, Galaxia). Elas 2: antoloxía poética (2003, Unión Comarcal de CCOO de Vigo). Narradio: 56 historias no ar (2003, Xerais).
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1949 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores