A tempada 2024-2025 da Naisten Liiga será a 43ª edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia. A liga regular comezou o 6 de setembro de 2024 e finalizará o 16 de febreiro de 2025. O IFK de Helsinqui defenderá o título conquistado na tempada precedente.
Nesta edición participaron un total de nove equipos, os mesmos que na tempada precedente ao non producirse ningún ascenso nin descenso.
Movementos na liga Cambio de denominación O 15 de agosto anunciouse un novo cambio de denominación da liga, que pasou a chamarse Auroraliiga. O obxectivo deste cambio foi o de desenvolver a liga co obxectivo de profesionalizala e facer do hóckey sobre xeo finlandés un deporte máis igualitario. En palabras da directora da Auroraliiga, Henni Laaksonen, o cambio de nome supuxo ademais un "importante acto simbólico", sinalando que "xa é hora de xogar ao hóckey sobre xeo sen prefixos", en alusión á eliminación da especificación "naisten" (traducible como "feminina" ou literalmente "de mulleres").
Retransmisións Ademais, anunciouse o acordo para a retransmisión da liga en televisión pola canle MTV Katsomo. Do mesmo xeito que en tempadas anteriores, todos os partidos da liga puideron seguirse vía streaming a través de Leijonat TV, a plataforma da propia federación finlandesa.
Patrocinio da liga O mesmo día que se anunciou o cambio de nome da competición fíxose público tamén o novo patrocinador da nova Auroraliiga, o fabricante canadense de equipamento para hóckey sobre xeo CCM.
Mudanzas nos corpos técnicos +Equipo2023–242024–25 DetallesPretempadaKalPaMika VääräläArtturi RouhiainenO día seguinte de que o KalPa conseguira a medalla de bronce na tempada anterior, o equipo informaba de que logo de dous anos á fronte do equipo técnico Mika Väärälä non continuaría como adestrador xefe do KalPa na tempada 2024-25. O 20 de marzo anunciouse que Artturi Rouhiainen sería o adestrador do equipo na tempada 2024-25. Na tempada 2023-24 Rouhiainen, de 29 anos, ocupara o posto de adestrador xefe do equipo U15 do KalPa, así como o de adestrador xefe asociado do equipo U16 do mesmo club mentres finalizaba o grao en educación física.RoKiTeemu KoivulaOona Parviainen Teemu Koivula chegou ao equipo feminino do RoKi na tempada 2023-24 logo de exercer como adestrador dos equipos masculinos U15 e U16 do equipo de Rovaniemi. En marzo Koivula deixou o equipo logo de asinar coas Kärpät de Oulu. O 11 de marzo o RoKi anunciou a incorporación de Oona Parviainen como adestradora xefa do equipo para a tempada 2024-25. Durante a tempada 2023-24 Parviainen, de 46 anos e que puxera fin á súa carreira como xogadora na tempada 2020-21 no equipo de Rovaniemi, adestrara o equipo U16 masculino de RoKi. Kärpät Satu Kiipeli Teemu Koivula A tempada 2023-24 o equipo de Oulu viviu moitas mudanzas na dirección do equipo, con tres adestradoras distintas á fronte (Sanna Lankosaari, Saija Tarkki e Satu Kiipeli). As Kärpät acabaron a tempada nos cuartos de final logo de caer nos play-offs contra o HIFK (3-0). En marzo de 2024 anunciouse que Teemu Koivula, de 27 anos, dirixiría o equipo na tempada 2024-25 procedente do RoKi de Rovaniemi.
Formato das series En maio de 2024 a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo aprobou os axustes das series finais e pola promoción da Auroraliiga, incluíndo a ampliación das series de semifinais e finais dos play-offs, que pasaron a disputarse do mellor de cinco partidos ao mellor de sete.
Pola súa banda a promoción, que na tempada precedente non se disputou, pasou a disputarse como unha serie ao mellor de cinco encontros entre o último clasificado da Auroraliiga e o gañador dos play-offs da Naisten Mestis (disputados polos seis mellores equipos da segunda categoría) sen importar os equipos.
Equipos participantes
Na tempada 2024-25 da Naisten Liiga tomarán parte na competición un total de nove equipos, que foron os mesmos protagonistas que na tempada precedente, xa que non houbo ascensos nin descensos ao non disputarse a cualificación en 2024 xa que ningún dos equipos interesados en disputala cumpriu cos requisitos da Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. Por rexións, a única que contou con máis dun representante foi a rexión de Uusimaa, con dous (HIKF e K-Espoo), o resto de equipos eran das rexións de Finlandia Propia, Laponia, Ostrobotnia do Sur, Ostrobotnia do Norte, Savonia do Norte, Tavastia Propia e Pirkanmaa.
Agás o Team Kuortane, un equipo feminino fundado en 2010 pola Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo e cuxas xogadoras viven e estudan no Kuortaneen urheilulukio, todos os equipos da liga comparten os seus nomes con equipos profesionais masculinos da Liiga (HIFK, HPK, Ilves, KalPa, K-Espoo, Kärpät e TPS) ou a Mestis (RoKi).
NomeCidadeEstadioCapacidadeAdestrador/aCapitáStadin GimmatHIFK Naiset12px HelsinquiPirkkolan jäähalli1 100 Saara Niemi Athena LocatelliHPK12px HämeenlinnaMetritiski Areena700 Jari Risku Heta SeikkulaIlves12px TampereTesoman jäähalli1 500 Marjo Voutilainen Jenna LehtiniemiKalPa12px KuopioOlvi Areena5 224 Artturi Rouhiainen Elli MäkeläK-Espoo12px EspooTapiola 2750 Sami Haapanen Reetta ValkjärviKärpät12px OuluOulun Energia Areena6 614 Teemu Koivula Aino KaijankoskiRoKi12px RovaniemiLappi Areena3 500 Oona Parviainen Viivi Iso-KouvolaTeam Kuortane12px KuortaneKuortaneen urheiluopiston jäähalli350 Juuso Nieminen Kerttu LehmusTPS12px TurkuRajupaja Areena2 875 Terhi Mertanen Eevi Ilvonen
Liga regular miniatura|250px|A primeira fin de semana de competición da Auroraliiga celebrouse no Gatorade Center de Turku. A nova etapa do campionato finlandés iniciouse o 6 de setembro de 2024 co partido inaugural entre o TPS e o K-Espoo no Gatorade Center de Turku, un pavillón con capacidade para 10 500 persoas e que será o escenario de oito dos nove partidos da primeira fin de semana de competición.
O 3 de novembro a lenda finlandesa do hóckey feminino Karoliina Rantamäki anotou dous goles no partido que enfrontou o seu equipo, K-Espoo, conta o Team Kuortane. Os dous goles valéronlle para converterse na máxima puntuadora da historia do campionato finlandés feminino, tendo en conta todos os partidos de liga regular, play-offs e partidos de cualificación. Rantamäki, que acumulou un total de 900 puntos (477+423) en 562 partidos superou deste xeito o rexistro que ostentaba Riikka Noronen (898), que con todo mantiña aínda o mellor rexistroo de puntos na liga regular.
O 23 de novembro de 2024 Saija Tarkki converteuse na primeira muller en ser retirado o seu número das Kärpät Naiset, recoñecendo deste xeito os máis de 20 anos de carreira da xogadora nada en Oulu, cuxo número 20 pasou a pendurar do teito do Oulun Energia Areena. Con motivo da retirada do seu número, o club de Oulu organizou unha xornada de homenaxe á xogadora que comezou xa pola mañá coa cerimonia de retirada, á cal seguiu o partido da Auroraliiga ente as Kärpät e o Ilves, e pechouse co enfrontamento da liga masculina entre o equipo local e o HPK.
O 26 de xaneiro de 2025 o K-Espoo proclamouse campión da liga regular logo de derrotar a domicilio o HPK por 2-4. Coa vitoria en Hämeenlinna, o equipo de Espoo conseguía unha vantaxe de 11 puntos sobre as segundas clasificadas, as xogadoras do IFK de Helsinqui, que contaban cun partido máis.
Un feito histórico para a competición e o hóckey feminino finlandés produciuse o 2 de febreiro durante o partido que o K-Espoo disputou en Tapiola 2 fronte o TPS, cando a veterana xogadora Karoliina Rantamäki (46 anos) sumou dous goles que a levaron a alcanzar a cifra de 400 goles na liga regular, converténdose na primeira xogadora en chegar a esa marca.
Pos. Equipo PX V OTW OTL D GF GC DG Pts1K-Espoo 32 26 3 0 3 168 56 +112 842HPK 32 22 1 3 6 133 71 +62 713Team Kuortane 32 19 3 2 8 115 67 +48 654HIFK 32 20 1 2 9 113 81 +32 645Ilves 32 16 2 1 13 118 99 +19 536KalPa 32 10 3 4 15 81 87 -6 407TPS 32 9 3 3 17 66 99 -33 368Kärpät 32 5 0 0 27 48 128 -80 159RoKi 32 1 0 1 30 46 200 -154 4
Resultados
Estatísticas das xogadoras Líderes de anotación
XogadoraEquipo1Emma NuutinenK-Espoo302738652Kiti SeikkulaHPK322930593Lisette TäksK-Espoo323025554Barbora JurickovaHPK322134555Minnamari TuominenK-Espoo301435496Matilda NilssonIlves322320437Ada EronenK-Espoo31631378Sofia KariTeam Kuortane321915349Pauliina SalonenIHFK3216183410Anni PereHIFK3216173310Emma EkoluomaIlves32161733
Porteiras
Xogadora Equipo 1Tiina RanneTPS 18 1040:52 6 8 568 31 2 94,8 1,792Salla SivulaKalPa 22 1298:49 8 11 738 43 4 94,5 1,993Anni KeisalaHPK 23 1384:59 16 5 518 45 2 92,0 1,954Tiia PajarinenK-Espoo 16 966:40 14 1 290 29 2 91,4 1,805Kerttu Kuja-HalkolaTeam Kuortane 20 1147:29 11 5 349 35 3 90,9 1,836Minja DrufvaK-Espoo 16 962:28 13 2 269 28 2 90,6 1,757Emilia PiekkariKärpät 18 1011:05 4 13 464 49 2 90,4 2,918Miia VainioHIFK 23 1388:10 13 8 530 58 0 90,1 2,519Neea PohjamoIlves 19 1048:08 10 6 381 46 1 89,2 2,6310Lilia HuovinenTeam Kuortane 14 785:38 9 4 240 29 3 89,2 2,21
Play-offs
Cuartos de final K-Espoo (1) vs Kärpät (8)
K-Espoo gaña a serie 3 - 0.
HPK (2) vs TPS (7)
HPK gaña a serie 3 - 1.
Team Kuortane (3) vs KalPa (6)
Team Kuortane gaña a serie 3 - 1.
HIFK (4) vs Ilves (5)
Ilves gaña a serie 3 - 2.
Semifinais K-Espoo (1) vs Ilves (5)
K-Espoo gaña a serie 4 - 0.
HPK (2) vs Team Kuortane (3)
HPK gaña a serie 4 - 1.
Finais
K-Espoo gaña a serie 4 - 1.
Serie de clasificación miniatura|250px|O RoKi de Rovaniemi (na imaxe durante o Winter Classic 2025) tivo que xogar a serie de clasificación fronte o Lukko/PaRa. As campioas da Naisten Mestis e candidatas a arrebatar a praza na Auroraliiga ao RoKi, último clasificado da máxima categoría, comezaron impoñéndose nos dous primeiros partidos da serie disputados en Rovaniemi grazas a un gran último terzo no primeiro partido, no que anotaron os seus tres goles e remontaron o 1-0 co que finalizara o primeir terzo, e a un gol na prórroga dun trepidante segundo partido decidido na prórroga e no que ambos equipos marcaron 11 goles. Con todo, o equipo de Laponia conseguiu dúas vitorias na súa visita a Eurajoki, deixando todo por decidir no quinto e último partido da serie. No terceiro partido o RoKi conseguiu impoñerse por 2-4, mentres que no cuarto encontro o desenlace chegou na prórroga, onde un gol de Dominika Malicka deu a vitoria ao equipo de Oona Parviainen (2-3) e igualou a eliminatoria a dúas vitorias.
O 29 de marzo xogouse o partido decisivo no Lappi Areena. Coa eliminatoria igualada (2-2), o equipo que gañara competiría na máxima categoría a tempada seguinte. Ambos equipos disputaron un partido igualado no que as porteiras tiveron un papel destacado. Se ben as xogadoras do Lukko/PaRa se foron cunha vantaxe mínima no primeiro descanso, as locais igualaron a contenda cun gol en superioridade pouco despois de cumprirse a metade do partido. Novamente as de Satakunta se adiantaron, pero o RoKi volveu empatar para levar o partido ao tempo engadido. Foi entón cando a xove xogadora checa de 17 anos Magdalena Felcmanova anotou o gol da vitoria no minuto 65:04 que asegurou a participación do equipo na máxima categoría un ano máis.
Premios Xogadoras da semana 1ª semana: Siiri Friederiksen (TPS) 2ª semana: Tiina Ranne (TPS) 3ª semana: Emma Nuutinen (K-Espoo) 4ª semana: Anni Pere (HIFK) 5ª semana: Matilda Nilsson (Ilves) 6ª semana: Barbora Jurickova (HPK) 7ª semana: Raili Mustonen (Team Kuortane) 8ª semana: Nea Katajamäki (K-Espoo) 9ª semana: Sari Wäänänen (Kärpät) 10ª semana: Susanna Järvenpää (RoKi) 11ª semana: Minttu Tuominen (K-Espoo) 12ª semana: Salla Sivula (KalPa) 13ª semana: Anni Keisala (HPK) 14ª semana: Ilona Palin (HIFK) 15ª semana: Elli Mäkelä (KalPa) 16ª semana: Karoliina Rantamäki (K-Espoo) 17ª semana: Julia Kuusisto (Ilves)
Xogadoras do mes Setembro de 2024: Salla Sivula (KalPa) Outubro de 2024: Lisette Täks (K-Espoo) Novembro de 2024: Elli Suoranta (Ilves) Decembro de 2024: Ada Eronen (K-Espoo) Xaneiro de 2025: Pauliina Salonen (HIFK)