Acontecementos 3 de xaneiro - O goberno de México encarcera a Stephen F. Austin na Cidade de México. 4 de xaneiro - Golpe de estado no Perú. A gornición de Lima proclama xefe supremo a Pedro Bermúdez, co que se inicia a guerra civil. 15 de xaneiro - Francisco Martínez de la Rosa nomeado Presidente do Consello de Ministros de España. 15 de febreiro - Créase a Policía Urbana de Madrid (España). 18 de febreiro - Batalla de Almoster 19 de febreiro - Autorízase a construción do primeiro ferrocarril alemán, que enlazaría as cidades de Nuremberg e Furth, distantes entre si 20 km. 22 de abril - España, Gran Bretaña, Francia e Portugal asinan a Cuádrupla Alianza. 16 de maio - Batalla de Aseiceira. 17 de maio - Carlos María Isidro de Borbón, pretendente carlista ao trono de España, regresa do seu exilio. 15 de xullo - Supresión da Inquisición en España por Real decreto. 24 de xullo - Fin das Guerras Liberais en Portugal: María II é recolocada no trono e Miguel I de Portugal é exilado. 1 de agosto - Abolición da escravitude no Imperio Británico. 27 de outubro - Acción de Alegría de Alava - Primeira Guerra Carlista. 28 de outubro - Acción da Venda de Etxabarri - Primeira Guerra Carlista. 12 de decembro - Batalla de Mendaza - Primeira Guerra Carlista. 15 de decembro - Batalla de Arquijas - Primeira Guerra Carlista. España - Estatuto Real. Louis Braille publica os detalles do seu sistema braille de lectura para cegos.
Nacementos 7 de xaneiro - Johann Philipp Reis, científico e inventor alemán. 8 de febreiro - Dmitri Mendeleiev, químico ruso, creador da táboa periódica dos elementos (m. 1907). 16 de febreiro - Ernst Haeckel, zoólogo e filósofo alemán (m. 1919). 17 de marzo - Gottlieb Daimler, enxeñeiro e inventor alemán (m. 1900). 4 de abril - Francisco García Calderón Landa, diplomático e político peruano, presidente do país (m. 1905). 19 de xullo - Edgar Degas, pintor e escultor francés (m. 1917). 3 de setembro - Luís Otero Pimentel, militar e escritor galego (m. 1920).
Mortes 17 de xaneiro - Giovanni Aldini, físico italiano. 12 de febreiro - Friedrich Schleiermacher, teólogo e filósofo alemán. 20 de maio - Marqués de La Fayette, militar e político francés. 25 de xullo - Samuel Taylor Coleridge, escritor inglés. 23 de decembro - Thomas Malthus, economista inglés (n. 1766).
Historia ano a ano
Categoría:1834