Xosé Núñez Búa, nado en Tenorio (Cerdedo Cotobade) en 1897En 1903 segundo o DS21, a EGU, o DEGU, o DBdG e Fernández del Riego; en 1897 segundo a GEG, Vilavedra e outras fontes. e finado en La Plata en xaneiro de 1981,La Voz de Galicia, 21-1-1981, p. 39. foi un político, xurista, mestre, escritor e intelectual galego no exilio arxentino.

Traxectoria miniatura|300px|Seoane e Díaz Pardo cos Núñez Búa, Sofovich e Scheimberg en 1962 en Magdalena, o centro cerámico onde ambos os dous idearon o Laboratorio de Formas. Fillo de Rogelio Núñez de Couto e sobriño de Joaquín Núñez de Couto. Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Impartiu docencia no colexio Labor de Vigo e dende 1920 no colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa, propiedade do seu pai e do seu tío. (2014): O Colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa (1903-1935): Un ensaio de resposta ás demandas educativas da burguesía local. . Universidade de Santiago de Compostela: Traballo de fin de grao. Foi concelleiro de Vilagarcía de Arousa en 1924. Membro do Seminario de Estudos Galegos, foi colaborador da revista Nós, Galicia, El Pueblo Gallego e Céltiga. En maio de 1931 participou na constitución da Agrupación nacionalista de Vilagarcía de Arousa da que foi nomeado persoeiro primeiro.La Voz de Galicia, 20-5-1931, p. 8. Militou no Partido Galeguista, foi presidente do Grupo Galeguista de Vigo, e concelleiro de Vigo. En marzo de 1936 foi nomeado membro da xestora da Deputación de Pontevedra polo partido xudicial de Caldas-Cambados,El Pueblo Gallego, 19-3-1936, p. 14. da que foi elixido vicepresidente.El Pueblo Gallego, 27-3-1936, p. 11.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, pero conseguiu fuxir e exiliouse na Arxentina. Implicado no mundo cultural galego do exilio, foi un dos fundadores da revista Galicia Libre e un dos promotores do Instituto Argentino de Cultura Gallega. Colaborador da revista Galicia Emigrante, unha parte dos seus artigos foron recompilados no libro Revoeira en 1971.

Obras Revoeira, 1971, Edicións do Patronato da Cultura Galega, Montevideo. Vida e paixón de Castelao, 1986, Ediciós do Castro. Escolma de textos con Galiza ao fondo, 1986, Ediciós do Castro.

Vida persoal Casou en Vilagarcía de Arousa con Otilia Valladares Fernández en xullo de 1923.Galicia, 8-7-1923, p. 2. Era irmán de Manuel Núñez Búa.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas , Xavier (1/7/2006). "Revoeira de historias e verbas de Xosé Núñez Búa" Galicia Hoxe. , Víctor (14/7/2013). Núñez Búa, un galeguista comprometido en Vilagarcía Faro de Vigo .

Categoría:Políticos do Partido Galeguista Categoría:Concelleiros de Vilagarcía de Arousa Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes