Asmae El Moudir (), nada en Salé o 16 de febreiro de 1990, é unha guionista, produtora e directora de cine marroquí.
Traxectoria El Moudir cursou un mestrado en Cinema Documental na Universidade Abdelmalek Essaâdi de Tetuán, e outro de Produción Cinematográfica no Instituto Superior da Información e a Comunicación de Rabat. Tamén estudou en La Fémis, en París. En 2010, graduouse en Dirección de Cine pola Academia do Cinema de Marrocos.
Tras dirixir varias curtametraxes, El Moudir estreou a súa primeira película, Kadib Abyad (2023).
El Moudir traballou en diversos documentais para SNRT, Al Jazeera Documentary, a BBC ou Al Araby TV. Recibiu múltiples galardóns nacionais e internacionais, e participou en varios festivais de cine.
Premios
Gran Premio do Festival Internacional de Cinema de Mulleres de Toronto (2021). Gran Premio do Festival de Cinema IsReal de Nuoro (2021). Premio de dirección e Gran Premio do Festival de Cinema Documental El-Ayoun (2019).
Filmografía
La Dernière balle ("A derradeira bala", 2010) Les couleurs de silence ("As cores do silencio", 2011). Thank God It's Friday ("Grazas a Deus que é venres", 2013). Rough Cut (2015). Harma (2016). Guerre oubliée ("A guerra esquecida", 2019). Fi zaouiyati oummi في زاوية أمي ("A postal", 2020). Kadib Abyad ("A nai de tódalas mentiras", 2023).
Notas
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Directores de cine de Marrocos