O Condado de Tartu (en estoniano Tartu maakond) ou Tartumaa é o nome dun dos quince condados nos que está dividida administrativamente Estonia. Localízase ao leste de Estonia, e limita co Condado de Põlva, o Condado de Valla, o Condado de Viljandi e o Condado de Jõgeva. A área de Condado de Tartu é de 2.992,74 km², ou sexa, o 6,9% do territorio de Estonia. A poboación do condado é de 148.992 habitantes, que corresponde ao 11,0% da poboación de Estonia. A cidade de Tartu é o centro administrativo do condado, localizada a 186 km de Talín.

Goberno rexional

O goberno do condado (en estoniano Maakonnavalitsus) é dirixido por un gobernador ou maavanem, que é nomeado polo goberno de Estonia por un período de cinco anos. Subdivisión administrativa

O Condado de Tartu está dividido en 22 municipios: 3 urbanos e 19 rurais.

Concellos urbanos

Elva Kallaste Tartu miniatura|dereita|500px|Concellos do condado de Tartu

Concellos rurais

Alatskivi Haaslava Kambja Konguta Laeva Luunja Meeksi Mäksa Nõo Peipsiääre Piirissaare Puhja Rannu Rõngu Tartu Tähtvere Vara Võnnu Ülenurme

Véxase tamén Outros artigos Dialecto de Tartu

Categoría:Condados de Estonia