O Condado de Võru ou Võrumaa (estoniano Võru maakond ou Võrumaa), é un dos quince condados (maakond) de Estonia.
Xeografía esquerda|miniatura|250px|Suur Munamägi, con 318 m de altitude, é o punto máis alto de Estonia O condado de Võru atópase no sueste da república de Estonia, fai fronteira cos condados de Valga e Põlva, alén de ser parte sueste da fronteira internacional de Estonia con Letonia e Rusia. O 2,9% do total da poboación de Estonia vive no condado de Võru. De tódolos lagos rexistrados no país, 191 deles están localizados no condado (ese número só é superado polo veciño condado de Valga). O lago Rõuge Suurjärv (o maior lago do municipio rural de Rõuge) é o lago máis profundo de Estonia (38 metros). O condado de Võru é a fonte hidrográfica para os ríos que seguen en dirección aos lagos Peipus e Pihkva, ao Golfo de Riga e ao lago Võrtsjärv. Deses ríos, o Piusa é o que presenta a maior amplitude de Estonia (208 metros). O río máis longo de Estonia, o Võhandu (162 km), tamén pasa polo condado. O condado de Võru está todo localizado no planalto de Haanja. Hai 19 montañas con alturas por riba de 280 metros, incluíndo o punto máis alto de Estonia e de toda a rexión Báltica, o Suur Munamägi, a pesar de ter só unha altura de 318 metros por riba do nivel medio do mar.
Goberno rexional O goberno do condado (en estoniano Maakonnavalitsus) é dirixido por un gobernador ou maavanem, que é nomeado polo goberno de Estonia por un período de cinco anos.
Subdivisión administrativa miniatura|dereita|500px|Concellos do condado de Võru O condado divídese en 13 concellos: un urbano (en estoniano linn; outra cidade, Antsla, é parte dun concello rural) e 12 municipios rurais (en estoniano vald).
Concellos urbanos Võru Concellos rurais Antsla Haanja Lasva Meremäe Misso Mõniste Rõuge Sõmerpalu Urvaste Varstu Vastseliina Võru
Véxase tamén Outros artigos Lingua võro Ligazóns externas Võrumaa
Categoría:Condados de Estonia Categoría:Pobo võro