Tesouro de Tomares 283x283pxÁnfora coas moedas do tesouro de Tomares· Data do depósito: séculos III e IV d.C. · Período: baixo Imperio Romano.

· País: España.

· Descubridor: Javier Yuste e Silvia Marín.

· Lugar de aparición: Tomares, Sevilla.

· Data do achado: 27 de abril de 2016.

· Composición: máis de 50.000 moedas e 19 ánforas.

· Materiais: bronce.

· Conservación: Museo Arqueolóxico de Sevilla.

O tesouro de Tomares (tamén coñecido como tesouro de El Zaudín)Navarro Ortega, A.; Chaves Tristán, F. (2019). Páxina 204. é un depósito de máis de 50.000 moedas romanas de bronce dos séculos III e IV d. C achado en abril de 2016 na localidade sevillana de Tomares, en Andalucía.

Descuberta O achado produciuse o 27 de abril de 2016 por parte dun equipo de traballo da Empresa de Transformación Agraria, dirixido por Javier Yuste Zazo e Silvia Marín Montero, durante unhas obras nunha canalización da Confederación Hidrográfica do Guadalquivir no Parque del Olivar del Zaudín, en Tomares. Os traballadores tropezaron, a unha profundidade de arredor dun metro,Walker, H. (2016). cuns recipientes cerámicos que racharon co impacto da maquinaria e, ao avisar do seu contido, que era claramente visible, acudiu axiña a Garda Civil e informouse a Delegación Territorial de Cultura de Sevilla da Junta de Andalucía.

A rapidez na intervención dos arqueólogos evitou que as moedas contidas nas ánforas escachadas se esparexesen e puidesen perderse, e logrou que se extraesen íntegros os recipientes que non padeceran dano ningún durante as obras, de xeito que o seu contido permaneceu íntegro.Chaves Tristán, F.; Pliego, R. et al. (2022). Páxina 490.

Contido O tesouro completo estaba formado por 19 ánforas que contiñan arredor de entre 53.000 e 55.000 moedas de bronce do baixo Imperio Romano, cun peso total aproximado de 600 kg. Do conxunto, 11 ánforas consérvanse en boas condicións e mesmo 9 permanecen íntegras, coas pezas no seu interior, polo que o número de moedas efectivamente contabilizadas ascendeu a lago máis de 22.500 pezas.Navarro Ortega, A.; Chaves Tristán, F. (2019). Páxina 206.

Trátase en todos os casos de follis dos séculos III e IV, cuñados a nome dos emperadores Maximiano, Constancio I, Diocleciano e Galerio.Mora, A. J. (2016). "600 kilos de monedas romanas descubiertas en Tomares (Sevilla)". En El País. 29 de abril. As moedas teñen pesos de entre 8 e 10 gramos e diámetros de en torno aos 25 mm. Nos seus anversos amosan a imaxe do respectivo emperador e nos seus reversos diversas alegorías romanas.Chaves Tristán, F.; Pliego, R. et al. (2022). Páxinas 493-500.

miniatura|296x296px|Moedas dos catro emperadores do primeiro goberno da Tetrarquía: Diocleciano, Maximiano, Galerio e Constancio I, pertencentes ao tesouro de Tomares. Museo Arqueolóxico de Sevilla.

Os investigadores puxeron de relevo que en contadas ocasións a nivel mundial se achou semellante acumulación de pezas, e ademais tan homoxéneas​. As moedas, case todas cubertas dunha pátina verde cobriza, Acháronse nun estado excepcional tendo en conta a súa antigüidade. A falta de desgaste leva os expertos a concluír que estaban acabadas de cuñar e aínda non entraran en circulación. Crese que tal cantidade de diñeiro estaba destinada a pagar a soldados e funcionarios, ou ao aboamento de impostos imperiais.

Conservación e exposición O tesouro de Tomares ou de El Zaudín ingresou no Museo Arqueolóxico de Sevilla (MASE) en abril de 2016, onde inicialmente se levaron a cabo os labores de limpeza, inventario e almacenamento do conxunto.Navarro Ortega, A.; Chaves Tristán, F. (2019). Páxinas 205-206.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Chaves Tristán, F. (2017). "Refexiones y estado de la cuestión en torno al tesoro de "El Zaudín" (Tomares, Sevilla)". En Annali dell'Istituto Italiano di Numismatica, Roma. Nº 63. Páxinas 235-268. Chaves Tristán, F.; Pliego, R. et al. (2022). "Moneda y metal en la Antigüedad tardía: el Tesoro de Tomares o del Zaudín seis años después". En Actualidad de la investigación arqueológica en España IV (2021-2022). Ministario de Cultura y Deporte, Madrid. Páxinas 489-502. ISBN 978-84-8181-798-0 Navarro Ortega, A.; Chaves Tristán, F. (2019). "El tesoro de El Zaudin (Tomares, Sevilla). Proyecto y realidad". En: Too Big to Study? / Troppo grandi da studiare?. EUT Edizioni Università di Trieste. Páxinas 203-215. ISBN ISBN 978-88-5511-016-7 Martínez-Chico, D. (2020). "Hispanic hoards from Alvarelhos to Tomares: a historical review ". En Găzdac, C. (Ed.). Group and Individual Tragedies in Roman Europe. The evidence of Hoards, Epigraphic and Literary sources. Editura Mega, Cluj-Napoca. Páxinas 165-184. Walker, H. (2016). "Massive Hoard of Ancient Roman Coins Found in Spain". En Coin Week. 30 de abril. Walker, H. (2016). "Massive Hoard of Ancient Roman Coins Found in Spain". En Coin Week. 30 de abril.

Outros artigos Tesouro Moedas da Antiga Roma Tetrarquía

Categoría:Tesouros monetarios Categoría:Arqueoloxía en España Categoría:Historia de Andalucía Categoría:Tesouros romanos