As regras do fútbol, tamén coñecidas coma as regras do xogo a nivel da FIFA, son as regras que rexen o fútbol en todo o mundo. Os cambios nelas están a cargo da International Football Association Board, a cal está conformada poa FIFA as catro asociacións de fútbol do Reino Unido.

Historia das regras

Ao longo da historia creáronse distintos regulamentos para os distintos códigos do fútbol, pero os máis similares aos do fútbol actual xurdiron durante mediados do século XIX en Inglaterra.

O regulamento creado en 1863 en conxunto coa Football Association de Inglaterra é considerado coma o primeiro do fútbol.

En 1886 celebrouse a primeira reunión oficial da International Football Association Board, asociación que pretendía organizar o fútbol do Reino Unido baixo un mesmo regulamento. En 1913 a FIFA sumouse como membro.

En 1937 o número de regras aumentou de 13 a 17. En 1997 deuse o seguinte cambio importante de regras, onde o texto delas foi aumentado nun 30%.

Regras actuais Elementos de xogo Terreo de xogo miniatura|200px|Terreo de xogo coas distancias marcadas O terreo de xogo debe ser de céspede natural ou artificial, aínda que esta opción pode depender do regulamento da competición. O terreo deberá ser rectangular, sendo a súa lonxitude entre 90 e 120 m (100 e 110 m para partidos internacionais), e o seu ancho entre 45 e 90 m (64 e 75 m para partidos internacionais). Todo o perímetro do terreo estará rodeado por liñas de 12 cm de ancho como máximo: as 2 máis longas terán o nome de liñas de banda, mentres que as demais serán as liñas de meta. Dentro do campo trázase unha liña paralela e equidistante ás liñas de meta, chamada liña media. O punto medio desta liña será o centro dunha circunferencia de raio igual a 9,15 m.

En cada intersección entre as liñas de meta e de banda (4 en total) colocarase unha bandeirola sen punta de polo menos 1,5 m de altura. Opcionalmente pódense poñer bandeirolas exteriores ao terreo a 1 m de distancia da intersección entre as liñas de banda e a liña media. Tomando como centro cada unha das interseccións, deberase marcar unha semicircunferencia de raio 1 m que vaia desde a liña de banda ata a liña de meta, polo interior do terreo. Esta área recibe o nome de área de esquina. Opcionalmente pódense facer unhas pequenas marcas sobre as liñas de meta a 9,15 m de cada bandeirola.

miniatura|esquerda|200px|A portería Sobre as liñas de meta colocaranse dous postes verticais, ambos equidistantes das bandeirolas, e unidos por un poste horizontal (traveseiro). A distancia entre a parte interior dos postes verticais será de 7,32 m, e a distancia entre a parte inferior do traveseiro e o chan de 2,44 m. Os postes deberán ter o mesmo ancho que as liñas de meta, e ser de cor branca. Esta construción será chamada meta ou portería, e pode posuír unha rede que a cubra, pero deberá estar entre a liña de meta e a parte exterior do terreo. Os postes poden ser de forma cadrada, rectangular, redonda ou elíptica, e poden estar feitos de madeira, metal ou outro material aprobado.

Na zona das metas trazaranse as áreas de meta. Trázanse dúas liñas perpendiculares á liña de meta, situadas a 5,5 m da parte interior de cada poste vertical da meta. As devanditas liñas penetraranse 5,5 m no terreo de xogo e uniranse cunha liña paralela á liña de meta. A área delimitada polas devanditas liñas e a liña de meta será a área de meta.

A denominada área de penalización ou de penal trázase igual que a área de meta, pero con liñas de 16,5 m. Dentro desta área, marcarase o punto penal. O devandito punto estará situado a 11 m da liña de meta e equidistante dos postes da meta. No exterior da área penal marcarase un segmento de circunferencia con centro no punto penal e un raio igual a 9,15 m.

Balón miniatura|dereita|200px|O balón Teamgeist da marca Adidas O balón é un obxecto con forma de esfera empregado para a práctica do fútbol. Debe ser de coiro ou outro material adecuado. A súa circunferencia ten que ser de entre 68 e 70 cm, a súa masa de entre 410 e 450 g, e a súa presión de entre 0,6 e 1,1 atm ao nivel do mar.

Se un balón se dana durante un partido, só o árbitro pode dar o visto e prace para cambialo por outro.

Para partidos a nivel de FIFA, tódolos balóns deben posuír polo menos unha das seguintes tres marcas: O logotipo de FIFA APPROVED O logotipo de FIFA INSPECTED A referencia INTERNATIONAL MATCHBALL STANDARD

A lista das ditas especificacóns adicionais, características de cada unha das categorías, deberá ser aprobada polo International Football Association Board. Os organismos que levan a cabo os controis de calidade serán seleccionados pola FIFA.

Xogadores Cada un dos dous equipos que disputan un partido poderá ter un máximo de 11 futbolistas dentro do terreo, e non menos de 7, aínda que este último número pode variar segundo a competición. Un dos futbolistas debe ser o guardameta.

En competicións oficiais poderanse facer ata 3 cambios nun mesmo partido por equipo, e poderanse ter no banco de 3 a 7 suplentes, dependendo do regulamento de cada competición. Para partidos de seleccións internacionais "A", poderanse ter ata 6 suplentes no banco.

Para realizar unha substitución entre un futbolista titular e un suplente deberase informar o árbitro. O suplente ou substituto non poderá ingresar no campo de xogo ata que o xogador substituído abandone por completo o campo de xogo. A substitución realizarase sobre a liña de banda e sobre a metade do campo durante unha interrupción do partido. O xogador substituído non poderá volver ingresar durante ese partido. Se o xogador a ingresar viola estas regras, será amoestado.

En calquera momento do partido, ata durante unha quenda de penais, un xogador de campo (non porteiro) poderá cambiar de posición co porteiro a condición de que o árbitro sexa informado sobre esta acción, e a mesma se realice durante unha interrupción. Se algunha destas dúas condicións non se cumpren, ambos os xogadores serán amoestados.

Se un xogador é expulsado antes do comezo do partido, poderá ser substituído por un suplente. Se un suplente é expulsado antes do partido, non poderá xogar, nin ser substituído.

Equipamento dos xogadores 150px|miniatura|Equipamento básico dun futbolista. Por cuestións de seguridade, os xogadores non poderán levar elementos que poidan resultar perigosos para eles mesmos ou para os demais. Todo tipo de xoiería está prohibido durante un partido, ata se as mesmas están cubertas por algún tipo de cinta adhesiva. Certos protectores de cabeza, xeonllo ou lentes de material brando están permitidos por non se considerar perigosos.

Cada xogador deberá ter as seguintes pezas e obxectos na súa indumentaria: Camiseta de manga curta ou larga Pantalóns curtos Medias Noeleiras Calzado adecuado

As camisetas de ambos os equipos e as dos dous porteiros deberán ter diferenzas para evitar a confusión dos xogadores e os árbitros. O capitán de cada equipo deberá ter unha banda nun dos seus brazos para diferencialo dos demais xogadores.

Previo ao comezo de cada partido, os árbitros deberán verificar que os xogadores cumpran co regulamento de equipamento. Se durante o desenvolvemento do partido o árbitro nota algún incumprimento das regras, esperará unha interrupción do xogo para indicarlle ao xogador que se retire do campo de xogo. Cando o xogador faga os cambios requiridos, o árbitro verificará os cambios durante unha interrupción, e se están dentro do permitido deixará volver ao xogador.

Árbitros Árbitro principal

O árbitro é quen terá a autoridade total para facer cumprir as regras de xogo no partido para o que foi nomeado. Todas as decisións do árbitro son definitivas. Só el pode modificar unha decisión, sempre que non renove o xogo ou o partido finalice.

Á parte das controlar que se respecten as outras regras, o árbitro debe cronometrar e tomar nota dos incidentes do partido, interromper, suspender ou finalizar o partido de ser necesario, expulsar calquera funcionario ou persoa externa do campo de xogo, e ata de fóra do escenario.

Interromperá o xogo se considera que un xogador sufriu unha lesión grave, e poderá continuar o xogo se ao seu parecer a lesión é leve. Neste último caso, cando o xogo se interrompa por outro motivo, permitirá o ingreso de asistentes para tratar o xogador lesionado.

Asegurarase que todo xogador que sufra unha hemorraxia abandone o campo de xogo. O mesmo poderá reingresar nunha interrupción, logo dunha verificación do árbitro.

Mostraralle cartón amarelo ou vermello a todo xogador que cometa unha infracción merecedora da mesma. No caso de que un xogador cometa máis dunha infracción ao mesmo tempo, o árbitro castigará a máis grave.

Permitirá que o xogo continúe se o equipo contra o cal se cometeu unha infracción benefíciase dunha vantaxe, e sancionará a infracción cometida inicialmente se a vantaxe prevista non se cumpre nese momento. Esta acción coñécese popularmente como Lei da Vantaxe, malia que non é unha lei en si.

No caso de que unha infracción suceda fóra do seu campo visual, actuará conforme ás indicacións dos seus árbitros asistentes.

Terminado o partido, emitirá un informe cos detalles do partido ás autoridades competentes.

Árbitros asistentes

Ademais do árbitro principal, hai dous árbitros asistentes, que son os encargados de axudarlle ao árbitro en toma de decisións particulares pola súa situación no campo. Os asistentes teñen a misión de indicar as seguintes situacións, decisión que poderá ou ser aceptada polo árbitro principal:

o balón traspasou os limítes do terreo a que equipo corresponde realizar un saque de esquina, de meta ou de banda posición de fóra de xogo substitución de xogadores infraccións ou incidentes fóra do campo visual do árbitro principal infraccións ou incidentes próximos ao asistente se o porteiro se adianta nun penalti, ou a pelota non traspasou a meta por completo

Os asistentes poden moverse ao longo dunha das metades das liñas de banda, pero poden ingresar noo campo se for necesario, por exemplo para marcar a distancia da barreira nun tiro libre.

Se un asistente se comporta en forma indebida, pode ser expulsado polo árbitro principal. O partido daríase por suspendido se non hai un substituto para o asistente expulsado.

Ademais, dependendo da competición, poden haber 1 ou 2 asistentes extras chamados cuarto e quinto árbitro. Os mesmos encárganse de tarefas externas ao campo de xogo, por exemplo realizar as substitucions e indicar o tempo engadido.

Desenvolvemento do xogo Duración do partido Cada partido xógase en dous períodos de 45 minutos cada un, salvo que por mutuo acordo entre o árbitro e os dous equipos participantes se conveña outra cousa. Os cambios de duración de cada período deberán tomarse antes do inicio do partido e conforme ao regulamento da competición. Entre ambos os períodos realizarase un descanso de 15 minutos como máximo.

Ao final de cada período o árbitro deberá, segundo o seu criterio, aumentar tempo para recuperar o tempo perdido. Os motivos para conformar ese tempo engadido son os seguintes: substitucións avaliación dunha lesión por parte do árbitro transporte dos xogadores fóra do terreo calquera outro motivo de perda de tempo

No caso de que se deba volver a tirar un penalti co tempo extra xa cumprido, prolongarase o tempo ata que se efectúe o penalti. O penalti considérase efectuado cando é gol, é desviado fóra do campo, tócao o porteiro ou bate en calquera parte da meta.

Culminado o tempo regulamentario (90 minutos e mais o tempo engadido), pode ser necesario disputar unha prórroga, dependendo do regulamento da competición. Esta prórroga consta de dous períodos de 15 minutos, mais pode verse culminada se se converte un gol de ouro ou de prata, se estes están permitidos pola competición. Tamén dependendo do regulamento da competición, pódense executar penaltis despois do tempo regulamentario ou trala prórroga.

Inicio e reanudación do xogo