A lingua abane (tamén escrita como avane e coñecido como baniwa ou baniva yavitero), é unha lingua morta que pertence á familia das linguas arauacas que foi falada até o finais do século XX en Venezuela. Só se rexistrou desta lingua unha curta lista de palabras recollidas a finais do século XVIII.

Historia Falouse principalmente na rexión do Amazonas de Venezuela e ao longo da fronteira con Colombia, e tiña uns dialectos chamados quirruba e baniva-avani. A lingua probablemente comezou a esmorecer coa chegada dos xesuítas a finais do século XVIII.

A lingua avane incluía un nome coloquial para referirse ao pobo maipure veciño, "metimetichini", que pode aludir con humor á natureza polisílaba de moitas palabras maipure e contén dous sons que normalmente non se atopan en avane. A lingua tamén comparte algunhas palabras con outras da mesma familia, incluíndo maipure e guipunave, mais é claramente distinta foneticamente.

Fonética O abane caracterízase foneticamente, en comparación con Maipure, por amosar algunhas grandes diferenzas. O abane usa o parada dental /[d]/, que non se ve en maipure pero é orixinario do yavitero e do baniva. Usa a fricativa glotal /[h]/ (/[x]/) antes de /[i]/ e/ou /[a]/, onde o maipure usaría /[t]/, /[k] /, e /[j]/. Tamén, a diferenza de Maipure, os ditongos /[ai]/ e /[au]/ non parecen estar contraídos en sílabas tónicas. O etnógrafo Gilij describiu a pronunciación do abane como "groseira, gutural" en comparanza coa versión "amable e fermosa" do maipure.

Morfoloxía En morfoloxía, o abane é achegado ao maipure, xa que os dous empregan o sufixo "morfo baleiro" "-cà" para certos verbos activos e principalmente intransitivos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Linguas arauacas Bibliografía

Categoría:Linguas arauacas Categoría:Linguas de Venezuela Categoría:Linguas mortas de América do Sur