O screamo (tamén coñecido como skramz) é un agresivo subxénero do emo que apareceu a principios dos anos 90 e enfatiza "a disonancia e a dinámica voluntariamente experimentais". As bandas baseadas en San Diego Heroin e Antioch Arrow foron as pioneiras do xénero e este foi desenvolvido a finais dos 90 principalmente por grupos da costa leste dos Estados Unidos como Pg. 99, Orchid, Saetia, e I Hate Myself. O screamo está fortemente influenciado polo hardcore punk e está caracterizado polo uso de voces berradass. Os temas líricos adoitan incluír dor emocional, morte, romance e dereitos humanos.Jim DeRogatis, "Screamo", Guitar World, novembro de 2002 O termo "screamo" foi frecuentemente confundido ao referirse a calquera música con berros.
Notas
Categoría:Xéneros musicais