O termo substancia (do latín substantia, voz derivada do grego antigo ὐποκέιμηνον [hypokéimēnon], traducido literalmente como o que esta debaixo), pode ter diversos significados: En Física, a substancia é calquera elemento ou conxunto de elementos líquidos, sólidos ou gasosos de que están formados os corpos. En Química, unha substancia é calquera das clases da materia de que están formados os corpos, que se distinguen entre si por unha serie de características. De que substancias está composta esa mestura? En Filosofía, a substancia é o incambiable nas cousas. Aquilo en que reside o interese dunha cousa. Non colliches ben a substancia do discurso.

Véxase tamén Outros artigos Substancia (Aristóteles) Substancia (Spinoza) Substancia ilícita (ou Droga) Substancia social, recoñecemento de todos os individuos dunha sociedade