Kwame Nkrumah, nado o 21 de setembro de 1909 en Costa de Ouro (hoxe Ghana) e finado o 27 de abril de 1972 en Bucarest, Romanía, foi un político, filósofo panafricanista e revolucionario ghanés, líder anticolonial, antineocolonial e anti-imperialista de África tamén coñecido como Francis Nwia-Kofi Ngoloma.

Foi primeiro ministro de Costa de Ouro entre 1952 e 1957 cando gañou a independencia do Reino Unido. Tamén foi primeiro ministro e presidente de Ghana entre 1957 e 1966. Firme defensor do panafricanismo, Nkrumah foi un dos membros fundadores da Organización para a Unidade Africana e gañou o Premio Lenin da Paz da Unión Soviética en 1962.

Tras pasar os seus primeiros doce anos no estranxeiro cursando estudos superiores, desenvolvendo a súa filosofía política e organizándose con outros panafricanistas da diáspora, Nkrumah regresou á Costa de Ouro para iniciar a súa carreira política como defensor da independencia nacional. Formou o Partido da Convención Popular (en), que acadou un rápido éxito grazas ao seu atractivo sen precedentes para o votante común. Converteuse en primeiro ministro en 1952 e conservou o cargo cando levou a Ghana á independencia de Gran Bretaña en 1957, a primeira na África subsahariana nese momento. En 1960, os ghaneses aprobaron unha nova constitución e elixiron a Nkrumah como presidente.

O seu goberno foi principalmente socialista e nacionalista africano. Financiou proxectos industriais e enerxéticos nacionais, desenvolveu un sistema educativo nacional forte e promoveu unha cultura panafricanista. Durante o tempo que Nkrumah estivo no poder, Ghana xogou un papel principal nas relacións internacionais africanas durante o período de descolonización.

O goberno de Nkrumah tornouse autoritario na década de 1960, xa que reprimiu a oposición política e levou a cabo eleccións que non eran libres e xustas. En 1964, unha emenda constitucional converteu Ghana nun estado de partido único, con Nkrumah como presidente vitalicio tanto da nación como do seu partido. Fomentou un culto á personalidade, formando institutos ideolóxicos e adoptando o título de 'Osagyefo Dr.', mentres adornaba a moeda coas súas imaxes.Commanding Heights, 1998 Nkrumah foi deposto en 1966 polo Consello de Liberación Nacional nun golpe de Estado, baixo cuxa supervisión se liberalizou a economía do país. Nkrumah viviu o resto da súa vida en Guinea, onde foi nomeado copresidente honorario.

Primeiros anos e educación Costa de Ouro Kwame Nkrumah naceu o martes 21 de setembro de 1909 en Nkroful, no territorio africano entón coñecido como Costa de Ouro, hoxe Ghana, nunha familia de relixión cristiá relativamente humilde. Nkroful era unha pequena aldea situada na zona de Nzema, no suroeste da Costa de Ouro, preto da fronteira coa colonia francesa de Costa do Marfil. O seu pai non vivía coa familia, senón que traballaba en Half Assini (en), onde se dedicou ao negocio da ourivaría até a súa morte. Kwame Nkrumah foi criado pola súa nai e a súa familia extensa, que vivían xuntos de forma tradicional e recibían a miúdo a visita de parentes máis afastados. Viviu unha infancia despreocupada, que pasou no pobo, no monte e no mar próximo.

Durante os seus anos como estudante nos Estados Unidos, coñecíaselle como Francis Nwia Kofi Nkrumah, sendo Kofi o nome akan que se dá aos homes nados en venres. Máis tarde, en 1945, cambiou o seu nome polo de Kwame Nkrumah no Reino Unido, xa que prefería o nome "Kwame". Segundo Ebenezer Obiri Addo, no seu estudo sobre o futuro presidente, o nome "Nkrumah", que tradicionalmente se daba ao noveno fillo, indica que Kwame probablemente ocupaba ese lugar na casa do seu pai, que tiña varias esposas.

O seu pai, Opanyin Kofi Nwiana Ngolomah, era orixinario de Nkroful e pertencía ao clan Asona da tribo Akan. Fontes indicaron que Ngolomah aloxouse en Tarkwa-Nsuaem e dedicouse ao negocio da ourivaría. Ngomolah era respectado polos seus sabios consellos por aqueles que lle pedían consello sobre cuestións tradicionais e asuntos domésticos. Morreu en 1927.

Kwame era o único fillo da súa nai. Ela enviouno á escola primaria dirixida por unha misión católica en Half Assini, onde demostrou ser un alumno aplicado..

Aínda que a súa nai, cuxo nome era Elizabeth Nyanibah (1877-1979), indicou máis tarde que o seu ano de nacemento era 1912, Nkrumah escribiu que nacera o 21 de setembro de 1909. A súa nai era orixinaria de Nsuaem e pertencía á familia Agona. Era pescadeira e pequena comerciante cando casou co seu pai. Oito días despois do seu nacemento, o seu pai púxolle o nome de Francis Nwia-Kofi, en honra a un familiar. pero máis tarde os seus pais chamárono Francis Kwame Ngolomah.

Completou o programa de primaria de dez anos en oito anos. En 1925, era profesor en prácticas na escola e foi bautizado na fe católica. Mentres estaba na escola, chamou a atención do reverendo Alec Garden Fraser (en), director do Government Training College (que pronto se convertería na Achimota School) en Accra capital da Costa de Ouro. Fraser dispuxo que Nkrumah formásese como profesor na súa escola. Aquí, o subdirector Kwegyir Aggrey, formado na Universidade Columbia, introduciuno nas ideas de Marcus Garvey e W. E. B. Du Bois. Aggrey, Fraser e outros membros de Achimota pensaban que debía existir unha estreita cooperación entre as razas no goberno da Costa de Ouro, pero Nkrumah, facéndose eco de Garvey, pronto chegou a crer que só cando a raza negra se gobernase a si mesma podería haber harmonía entre as razas.

Tras obter o seu título de profesor, en 1930, no Prince of Wales' College de Achimota Nkrumah, en 1931, obtivo un posto de profesor na escola primaria católica romana de Elmina. Durante os seus anos en Achimota, Nkrumah destacou polas súas habilidades para o debate e o seu liderado, trazos que máis tarde moldearon o seu papel como líder nacionalista.

Despois dun ano alí, foi nomeado director da escola de Axim. En Axim, comezou a involucrarse na política e fundou a Sociedade Literaria Nzema. En 1933, foi nomeado profesor no seminario católico de Amissano. Aínda que a vida alí era estrita, gustáballe e considerou converterse en xesuíta. Nkrumah escoitara falar ao xornalista e futuro presidente nixeriano Nnamdi Azikiwe mentres era estudante en Achimota; os dous homes coñecéronse e a influencia de Azikiwe aumentou o interese de Nkrumah polo nacionalismo negro. O novo profesor decidiu continuar a súa formación e Azikiwe que asistira á universidade Lincoln, unha universidade historicamente negra situada no Condado de Chester, Pensilvania, ao oeste de Filadelfia, aconsellou a Nkrumah que se matriculase alí.

Nkrumah, que suspendera o exame de ingreso á Universidade de Londres, obtivo fondos para a viaxe e a súa educación dos seus familiares. Viaxou a través do Reino Unido, onde se decatou, para a súa indignación, da invasión italiana de Etiopía, unha das poucas nacións africanas independentes. Chegou aos Estados Unidos en outubro de 1935.

Estados Unidos No 1935 deixou Ghana para ir aos Estados Unidos de América. Segundo o historiador John Henrik Clarke no seu artigo sobre a estancia de Nkrumah nos Estados Unidos, "a influencia dos dez anos que pasou nos Estados Unidos tivo un efecto duradeiro no resto da súa vida»." Nkrumah solicitara ingresar na Universidade Lincoln algún tempo antes de comezar os seus estudos alí. O venres 1 de marzo de 1935, enviou unha carta á universidade indicando que a súa solicitude levaba máis dun ano pendente. Cando chegou a Nova York en outubro de 1935, viaxou a Pensilvania, onde se matriculou a pesar de non dispor de fondos para pagar o semestre completo. Pronto conseguiu unha bolsa de estudos que lle permitiu pagar a matrícula na Universidade Lincoln. Durante a súa estancia nos Estados Unidos seguiu sen dispor de fondos suficientes. Para chegar a fin de mes, realizou traballos humildes como almacenista de peixe e aves, limpador, lavapratos e outros. Os domingos visitaba igrexas presbiterianas negras en Filadelfia e Nova York.

Nkrumah completou unha licenciatura en economía e socioloxía en 1939. Lincoln nomeouno entón profesor adxunto de filosofía. Comezou a recibir invitacións para ser predicador convidado en igrexas presbiterianas de Filadelfia e Nova York. En 1939, Nkrumah matriculouse no seminario de Lincoln e na institución Ivy League, a Universidade de Pensilvania en Filadelfia,Kwame Botwe-Asamoah Kwame Nkrumah's Politico-Cultural Thought and Policies. Routledge, 2005, páxina 3 e en 1942 foi iniciado na fraternidade Phi Beta Sigma da Universidade de Lincoln. Nkrumah obtivo unha licenciatura en Teoloxía pola Universidade de Lincoln en 1942, sendo o mellor estudante da promoción. Ao ano seguinte, obtivo en Penn unha Mestría en Filosofía e unha Mestría en Ciencias da Educación. Mentres estudaba en Penn, Nkrumah traballou co lingüista William Everett Welmers, proporcionándolle o material oral que serviu de base para a primeira gramática descritiva do seu dialecto nativo o fante da lingua akan. Nkrumah tamén foi iniciado na Masonaría Prince Hall mentres vivía nos Estados Unidos.

Nkrumah pasaba os veráns en Harlem, un centro da vida, o pensamento e a cultura afroamericanos. Con dificultade, atopou aloxamento e emprego en Nova York e involucrouse na comunidade. Pasou moitas tardes escoitando e discutindo con oradores rueiros e, segundo Clarke, Kwame Nkrumah afirmou durante os seus anos nos Estados Unidos:

Nkrumah foi un estudante activista que organizou un grupo de estudantes africanos expatriados en Pensilvania e converteuno na Asociación de Estudantes Africanos de América e Canadá, da que chegou a ser presidente. Algúns membros consideraban que o grupo debía aspirar a que cada colonia obtivese a independencia (en) por si mesma; Nkrumah avogaba por unha estratexia panafricana. Nkrumah desempeñou un papel importante na conferencia panafricana celebrada en Nova York en 1944, na que se instou a Estados Unidos, ao final da segunda guerra mundial, a axudar a garantir que África se desenvolvese e fóra libre.

O seu antigo mestre Aggrey falecera en 1929 nos Estados Unidos, e en 1942, Nkrumah dirixiu as oracións tradicionais por Aggrey xunto á súa tumba. Isto provocou unha ruptura entre el e a Lincoln, aínda que despois de alcanzar a fama na Costa de Ouro, regresou en 1951 para aceptar un título honorífico. Con todo, a tese doutoral de Nkrumah quedou inconclusa. Adoptara o nome de pila Francis mentres estaba no seminario Amissano (en); en 1945, tomou o nome de Kwame Nkrumah.

Nkrumah lía libros sobre política e divindade, e daba clases particulares de filosofía aos estudantes. En 1943, Nkrumah coñeceu ao marxista trinitense C. L. R. James, á expatriada rusa Raya Dunayevskaya e á chinés-estadounidense Grace Lee Boggs, todos eles membros dunha cohorte intelectual marxista con sede nos Estados Unidos. Máis tarde, Nkrumah recoñeceu que James ensináralle "como funcionaba un movemento clandestino". Os arquivos da Oficina Federal de Investigación (FBI) sobre Nkrumah, conservados entre xaneiro e maio de 1945, identifícano como un posible comunista. Nkrumah estaba decidido a ir a Londres, co desexo de continuar alí os seus estudos agora que terminara a segunda guerra mundial. James, nunha carta de 1945 na que presentaba a Nkrumah ao trinitense George Padmore en Londres, escribiu: "Este mozo vai ir a verche. Non é moi brillante, pero fai o que poidas por el, porque está decidido a expulsar aos europeos de África".

Londres miniatura|upright|60 Burghley Road, Kentish Town, Londres, onde viviu Nkrumah cando estivo en Londres entre 1945 e 1947. Nkrumah regresou a Londres en maio de 1945 e matriculouse na London School of Economics como candidato a doutoramento en antropoloxía. Retirouse despois dun trimestre e ao ano seguinte matriculouse na University College London, coa intención de escribir unha tese doutoral de filosofía sobre "Coñecemento e positivismo lóxico".