A lingua pauna ou paunaka é unha lingua arauaca falada en Bolivia, no departamento de Santa Cruz. Podería haber unha relación coa extinta lingua paiconeca, que tamén forma parte da familia arauaca. Aikhenvald (1999) enumera o paiconeca como unha lingua separada, pero Kaufman (1994) clasifícaa como un dialecto do pauna. Segundo datos de 2011 ten 10 falantes e semifalantes. O pauna está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Linguas arauacas Bibliografía
Categoría:Linguas arauacas Categoría:Linguas de Bolivia