A bela do Pacífico (en ) é un filme estadounidense de 1953 dirixido por Curtis Bernhardt e protagonizado por Rita Hayworth, José Ferrer e Aldo Ray. O filme foi distribuído por Columbia Pictures e baséase nunha historia curta escrita por W. Somerset Maugham en 1921, "Miss Thompson" (posteriormente titulada "Rain"). Recibiu un nomeamento ao Óscar á mellor canción orixinal ("Sadie Thompson's Song") na 26ª edición dos premios.
Estreouse en galego o 26 de outubro de 1994 na TVG.La Voz de Galicia, 26 de outubro de 1994. Páx. 78
Personaxes Rita Hayworth como Sadie Thompson José Ferrer como Alfred Davidson Aldo Ray como Sarxento Phil O'Hara Russell Collins como Dr. Robert MacPhail Diosa Costello como Ameena Horn Harry Bellaver como Joe Horn Wilton Graff como Gobernador Peggy Converse como Margaret Davidson Henry Slate como soldado Griggs Rudy Bond como soldado Hodges Charles Bronson como soldado Edwards (acreditado como Charles Buchinsky) Frances Morri como Mrs. MacPhail
Notas
Categoría:Filmes de 1953 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Curtis Bernhardt Categoría:Filmes rodados en Hawai Categoría:Filmes ambientados na Samoa Americana Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes de 1953 con versión en galego