How The Beatles Changed The World é un filme documental de 2017 dirixido e escrito por Tom O'Dell. É unha coprodución entre os Estados Unidos de América e o Reino Unido. Distribuíuse mediante vídeo baixo demanda a través de Netflix.
O filme fai un repaso da historia da revolución cultural, social, espiritual e musical que xurdiu despois da chegada dos Beatles. O documental aborda o impacto que tiveron os catro membros do grupo, desde a súa primeira repercusión en Liverpool ata a súa chegada aos Estados Unidos e a súa expansión polo mundo.
Notas
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido