Unha táctica é unha acción teórica ou serie curta de accións dirixidas a acadar un obxectivo a curto prazo. Esta acción pódese levar a cabo en forma dunha ou varias tarefas específicas. O termo utilízase a miúdo en contextos individuais ou sociais, de organizacións de todo tipo, como empresariais, de protesta, militares, de espionaxe e de aplicación da lei; tamén en xadrez, deportes ou outras actividades competitivas en xeral.
Etimoloxía A palabra táctica deriva do adxectivo grego antigo , que significa relativo á disposición ou habilidoso na disposición. O nome grego antigo relacionado é (tagma), que significa orde. Ambas palabras pódense remontar ao verbo "τάσσω" (tasso; tassein), que significa "aliñar", "parar", "seleccionar" ou "organizar". A palabra táctica (pór en orde as cousas para cumprir un obxectivo) vén do grego τακτικός (taktikos), composta coa raíz do verbo τάσσειν (tassein = ordenar) e o sufixo -tico (relativo a), que deu palabras como erótica, matemática ou práctica. O verbo τάσσειν (tassein) asóciase coa raíz indoeuropea tag-2 (pór en orde).
Diferenza coa estratexia Unha estratexia é un plan con pautas para acadar un obxectivo xeral, mentres que unha táctica é un conxunto de accións específicas dirixidas a seguir esas pautas.
Exemplo A táctica na planificación lingüística en Galiza busca promover o uso do galego mediante accións específicas como programas educativos ou campañas de sensibilización. Mentres que a estratexia responde a un obxectivo maior, preservar a lingua galega como ben patrimonial e cultural, e establece os obxectivos a longo prazo para a normalización lingüística, a táctica refírese ás accións concretas para acadalos. Por exemplo a posta en marcha do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega sería unha desas tácticas. Se en cambio consideramos o Plan Xeral como unha estratexia en si, tería accións tácticas concretas como contratacións, campañas para fomentar o uso do galego etc. Uso militar No uso militar, a táctica militar é un procedemento utilizado por unha unidade militar non maior a unha división, que serve para levar a cabo unha misión específica e acadar un obxectivo determinado, ou para asegurar o avance cara a un obxectivo concreto. Os termos "táctica militar" e "estratexia militar" adoitan confundirse: táctica refírese aos medios específicos utilizados para acadar un obxectivo, mentres que estratexia é o plan xeral de campaña, que pode incluír patróns complexos de operacións, actividades e procesos de toma de decisións que guían a execución táctica.Dictionary of Military Terms Copy on the Joint Chiefs of Staff site
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Cooperación Coordinación Método Organización Planificación Estratexia Estratexia cooperativa Estratexia empresarial Estratexia militar Xestión Xestión do cambio Xestión de proxectos Teoría de xogos
Categoría:Metodoloxía Categoría:Xestión Categoría:Administración Categoría:Psicoloxía Categoría:Socioloxía Categoría:Análise instrumental Categoría:Planificación e política lingüística