August Wilhelm Stiernstedt, nado en Estocolmo o 14 de decembro de 1812 e finado en Pohja, Finlandia, foi un barón sueco, numismático e heraldista nacional, primeiro presidente da Sociedade Numismática Sueca.
Traxectoria
Primeiros anos e formación August Wilhelm Stiernstedt naceu en Estocolmo en 1812,Hofberg, H. (1906).Leijonhufvud, S. (1900).Westrin, Th. (red.) (1917). fillo da baronesa Sofia Charlotta von Gedda e do barón maior Samuel Peter Stiernstedt."August Vilhelm Stiernstedt". Geni.comLagerqvist, L. O. (2007). Rasmusson, N. L. (1954).
Cursou os seus estudos superiores de Dereito na Universidade de Uppsala a partir do 1 de outubro de 1829. En 1832 arobou o exame de avogacía e licenciouse en 1833, o que o habilitou para participar en procedementos xudiciais.
Traxectoria erudita e profesional En 1834 foi nomeado secretario extraordinario do Tribunal de Apelación de Svea e tamén secretario extraordinario da Auditoría de Xustiza e Expedicións Eclesiásticas. En 1836 ingresou como membro do Tribunal Civil Inferior e en 1842 do Tribunal Civil Superior, mais en 1843 abandonou todas as súas funcións oficiais para viaxar e se dedicar por completo aos estudos heráldicos e numismáticos.
En 1849 foi nomeado camarlengo, en 1852 mestre de cerimonias e en 1855 heraldo do reino (ata 1861) e heraldista do reino. Como numismático, Stiernstedt foi un dos fundadores da Sociedade Numismática Sueca e o seu presidente desde su fundación en 1873 ata o momento da súa morte."SNF:s ordföranden genom tiderna". Svenska Numismatiska Föreningen (Numismatik.se).
Na súa condición de membro da nobreza sueca, Stiernstedt participou no Parlamento Sueco (Riksdag) durante o período 1844-1866, onde presidiu a Comisión de Expedicións (1847-1848) e foi membro doutras, como a constitucional ou a de banca.
Entre outras sociedades eruditas e entidades do ámbito asociativo, Stiernstedt foi membro da Academia Sueca de Agricultura (1865), da Sociedade Fisiográfica de Lund (1868), da Real Sociedade de Ciencias e Letras de Gotemburgo (1874) e da Real Sociedade Histórica Nórdica de Copenhague (1857), entre outras.
Coleccionista numismático Ademais do interese erudito pola numismática, Stiernstedt foi un ávido coleccionista de moedas, tanto antigas como contemporáneas, dos países nórdicos. A súa colección foi adquirida logo do seu falecemento, en 1884, polo médico finlandés Herman Frithiof Antell, a través da axencia de H. Bukowski.
Finalmente, Antell, que faleceu en 1893, doou a colección ao Estado finlandés, e pasou a ser conservada e xestionada polo Gabinete de Moedas do Museo Nacional de Finlandia.
Vida persoal August Wilhelm Stiernstedt contraeu matrimonio o 8 de xullo de 1845 en Estocolmo coa baronesa Ulrika Maria Agnes Liljencrantz (1823-1897).
Finou o 20 de setembro de 1880, por causa do tifo cando estaba temporalmente en Brödtorp, no municipio finlandés de Pohja. Foi soterrado no cemiterio de Solna, no condado de Estocolmo.
Stiernstedt era tío do escritor August Stiernstedt.Westrin, Th. (red.) (1917). "Samuel Fredrik August S.". En Nordisk familjebok. 26. Estocolmo. Páxinas 1.354-1.355miniatura|Medalla na honra de August Wilhelm Stiernstedt creada por Adolf Lindberg. Bibliografía Stiernstedt foi autor de numerosos artigos e contribucións de carácter heráldico, histórico, numismático e político, e tamén de varias entradas sobre temas numismáticos para a enciclopedia sueca Nordisk familjebok. Así mesmo, publicou unha boa cantidade de traballos monográficos.
Escolma de monografías (1857-1865). Sveriges ridderskaps och adels vapenbok. (1859). Blick på Sveriges mynt- och penningeväsende under de sednaste 300 åren. (1863-1864). Om kopparmyntningen i Sverige och dess utländska besittningar. Vitterhets-, historie- och antikvitetsakademiens handlingar. (1871, 1872, 1877). Beskrifning öfver svenska kopparmynt och polletter [edición francesa (1871). Description des monnaies de cuivre et des méreaux suédois]. Estocolmo. (1874-1875). Om myntorter, myntmästare och myntordningar i det nuvarande Sverige. (1878). Om myntorter, myntmästare och myntordningar i Sveriges fordna Östersjöprovinser och tyska eröfringar. (1878). I Göteborg slagna mynt. Samt dit hänförliga medaljer. Historisk Öfversigt. D. F. Bonnier, Götrborg. (1879). Strid och frid. skaldestycke (con A. W. Thesleff). Jönsson, Helsingborg.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Hofberg, H. (1906). "Stiernstedt, August Vilhelm". En Svenskt biografiskt lexikon. Vol. II. A. Bonniers Förlag. Páxina 534. Leijonhufvud, S. (1900). "Friherre August Wilhelm Stiernstedt". En Svenskt porträttgalleri. Vol. 15. Hasse W. Tullberg, Estocolmo, Páxina 161 Rasmusson, N. L. (1954). "2. Stiernstedt, August Wilhelm". En Svenska män och kvinnor: biografisk uppslagsbok. Vol. 7. Albert Bonniers förlag. Páxina 233. Lagerqvist, L. O. (2007). "August W Stiernstedt". En Svenskt biografiskt lexikon. Vol. 33. Páxina 464. Westrin, Th. (red.) (1917). "Stiernstedt. 3. Augustus Vilhelm S.". En Nordisk familjebok. 26. Estocolmo. Páxina 1.354.
Categoría:Nados en 1812 Categoría:Finados en 1880 Categoría:Nados en Estocolmo Categoría:Numismáticos de Suecia Categoría:Presidentes da Sociedade Numismática Sueca Categoría:Heraldistas Categoría:Alumnos da Universidade de Uppsala Categoría:Nobres de Suecia Categoría:Coleccionistas Categoría:Finados por tifo