Laura Portas Núñez, nada en Cambados en 1992, é unha xornalista e escritora galega en lingua castelá.

Traxectoria Graduouse en Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid. Realizou en mestrado en Xornalismo en Televisión na Universidade Nebrija e un en Comunicación Corporativa na Escola de Negocios Europea de Barcelona.

Traballou nos Informativos de Telecinco e outros programas da cadea, Tamén en Antena 3 Noticias, despois no ámbito institucional, nun gabinete de comunicación.

Coa súa primeira novela, El baile de las mareas (2024), achégase ao seu Cambados natal no século XX, cunha protagonista que rompe cos roles establecidos, a mariscadora Aurora.

Obras El baile de las mareas (2024). Plaza&Janés. 360 páxs. ISBN 9788401032677. El palacio del agua (2026). Plaza&Janés. 352 páxs

Notas

Categoría:Nados en Cambados Categoría:Nados en 1992 Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Xornalistas de España