Spalax é un xénero de roedores da familia Spalacidae, subfamilia Spalacinae, que comprende as xeralmente chamadas ratas toupa cegas. É un dos dous xéneros existentes da subfamilia Spalacinae, xunto co Nannospalax.

As especies deste xénero viven en Europa oriental e Asia occidental e central. Son completamente cegas e teñen un estilo de vida subterráneo similar ao das toupas (que non son roedores). Xa Jean-Baptiste Lamarck sinalara que eran cegas e tiñan ollos vestixiais.

Taxonomía

Antes de 2013, Spalax era xeralmente o único xénero considerado dentro de subfamilia Spalacinae, que comprendía todas as especies de ratas toupa cegas. Porén, probas filoxenéticas e morfolóxicas apoiaron que algunhas das especies formaban unha liñaxe distinta que diverxeu das outras no Mioceno tardío, cando se formou unha barreira mariña entre Anatolia e os Balcáns. Estas especies foron reclasificadas no xénero Nannospalax, quedando as restantes en Spalax.

Especies do xénero Spalax

Spalax antiquus Spalax arenarius Spalax giganteus Spalax graecus Spalax istricus (posiblemente extinta) Spalax microphthalmus (a especie tipo do xénero) Spalax uralensis Spalax zemni

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Musser, G. G. and M. D. Carleton (2005). "Superfamily Muroidea." pp. 894–1531 in Wilson, D. E. and D. M. Reeder, eds. Mammal Species of the World: a Taxonomic and Geographic Reference. 3ª ed. Baltimore: Johns Hopkins University Press.

Nowak, R. M. (1999). Walker's Mammals of the World, II. Londres: Johns Hopkins University Press

Topachevskii, V. A. (1976) Fauna of the USSR. Volume III: Mammals. Issue 3: Mole rats, Spalacidae. New Delhi: Amerind.