Reṣeba (en ) é un filme iraquí de 2016 dirixido e coescrito polo director kurdo Hussein Hassan. Estreouse internacionalmente no Festival Internacional de Cinema de Duhok en setembro de 2016 e no Festival Internacional de Cinema de Busan o 15 de outubro de 2016. Foi escollido como candidato de Iraq para o Óscar ó mellor filme internacional na 90ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Durante a súa proxección no Festival Internacional de Cinema de Duhok, o filme foi recibido con rabia por algúns membros do público xa que tocaba feridas aínda abertas. Antes do final do filme, a multitude marchou molesta, crendo que a protagonista feminina Pero (que foi capturada e vendida polo Estado Islámico e logo violada) era asasinada no filme.
Sinopse Unha moza parella iézidi loita por sobrevivir durante a toma de Sinjar por parte do Estado Islámico e o masacre posterior.
Personaxes Rekesh Shabaz como Reko Diman Zandi como Pero Maryam Boobani Adil Abdulrahman
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Iraq propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 90ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua kurda Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes de Iraq Categoría:Filmes de Alemaña