O Younger Dryas ou Dryas recente (YD), hai entre 12.900 e 11.700 anos, foi un período frío que revertiu o quecemento climático gradual que comezara uns oito milenios antes (hai uns 20.000 anos).

miniatura|centro|540x540px|Temperaturas no período posglacial, despois do Último Máximo Glacial (LGM). Houbo temperaturas moi baixas na maior parte do Younger Dryas, que subiron rapidamente até alcanzar o nivel do Holoceno cálido. Baséase nos núcleos de xeo de Groenlandia.

Neste momento produciuse unha forte caída da temperatura na maior parte do hemisferio norte. Isto ocorreu ao final da época do Plistoceno e xusto antes da época actual, máis cálida, do Holoceno.

O último máximo glacial (LGM) foi hai uns 27.000 a 24.000 anos. O YD foi a máis recente e longa das varias interrupcións do quecemento gradual do clima terrestre. O cambio foi relativamente repentino e provocou un descenso das temperaturas en Groenlandia entre 4 e 10 °C (7,2 a 18 °F) Os glaciares e as condicións secas estendéronse por grande parte do hemisferio norte temperado. Pode ter sido causado por unha entrada de auga doce e fría de América do Norte ao Atlántico.

O YD foi un período de cambio climático e os efectos foron complexos e variados. A pesar do arrefriamento global, no hemisferio sur e nalgunhas zonas do hemisferio norte, como o sueste de América do Norte, produciuse un lixeiro quecemento.

Terminoloxía O período Dryas recente recibe o seu nome da planta Dryas octopetala, unha especie ártica e alpina que se atopou en depósitos de pole. A Dryas octopetala é un marcador ecolóxico importante porque a súa presenza indica condicións frías e secas.

O nome "Younger Dryas" distingue este período dun período anterior similarmente frío chamado "Older Dryas" que tamén ocorreu durante a transición do Plistoceno tardío ao Holoceno e tamén é identificado pola presenza da planta nos rexistros de pole.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Paleoclimatoloxía Hipótese do impacto no Younger Dryas

Categoría:Neolítico Categoría:Cambio climático Categoría:Eras xeolóxicas