O IES Fernando Wirtz Suárez é un instituto de educación secundaria situado na cidade da Coruña. Recibe o seu nome de Fernando Wirtz Suárez, enxeñeiro industrial e primeiro director da institución.
Historia O IES Fernando Wirtz Suárez foi creado polo Ministerio de Traballo o 29 de setembro de 1929, co nome de Escuela Elemental de Trabajo. A súa función orixinal era a capacitación de traballadores en eidos como a fontanaría, a construción ou a reparación de automóbiles. O centro recibiu distintas denominacións ao longo da súa historia: Escuela de Trabajo, Escuela de Maestría Industrial, Centro Nacional de Formación Profesional etc. En 1979, foi rebautizado como IES Fernando Wirtz Suárez, nome que mantén na actualidade, en honor ao seu primeiro director, o enxeñeiro industrial Fernando Wirtz Suárez, quen asumiu o cargo en 1932.
Oferta educativa No IES Fernando Wirtz Suárez impártense as seguintes ensinanzas: ESO Bacharelato Ciencias e Tecnoloxía Humanidades e Ciencias Sociais Formación Profesional Ciclos Formativos de Grao Medio: Xestión administrativa Sistemas microinformáticos e redes. Ciclos Formativos de Grao Superior: Administración e Finanzas Secretariado Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma Administración de sistemas informáticos en rede.Concello da Coruña
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Páxina web do centro
Categoría:Institutos de educación secundaria de Galicia Categoría:Arquitectura civil na Coruña