miniatura|250x250px| Topografía —arriba— e campo gravitatorio —abaixo— da concentración de masa correspondente a Mare Serenitatis, na Lúa (Lunar Prospector, NASA). En astronomía e astrofísica, concentración de masa (ou mascon, do inglés mass concentration) é unha rexión da Terra, da lúa ou dun planeta que contén unha grande anomalía gravitatoria positiva. En xeral, o termo "mascon" pode usarse como substantivo para describir unha distribución de masa na superficie do planeta, ou abaixo dela, como en Hawai. Non obstante, este termo úsase con máis frecuencia para describir unha estrutura xeolóxica que ten unha anomalía gravitacional positiva asociada a unha característica (por exemplo, unha depresión) que podería ter unha anomalía negativa, como as "concas mascon" na Lúa.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Xeofísica Categoría:Gravidade