Laura Martínez Abelenda, nada en Madrid o 1 de decembro de 1998, é unha deportista española que compite en judo baixo licenza galega. Gañou unha medalla de bronce no Campionato Europeo de Judo de 2023, na categoría de –48 kg e participou nos Xogos Olímpicos de 2024, rematando cuarta.

Traxectoria Membro da AD Famu de Vigo, obtivo medallas de ouro, prata e bronce en diversas competicións da Copa de Europa júnior (na Coruña, Coímbra, Praga ou Málaga) e bronce no Campionato de Europa Sub-23 en 2016. En categoría absoluta para menos de 48kg obtivo o bronce en Montpellier en 2023 xunto coa rusa Sabina Guiliazova,As judokas rusas competían baixo o epígrafe AIN (atletas individuais neutrais). por detrás da portuguesa Catarina Costa e da francesa Shirine Boukli.

O 27 de xullo de 2024 acadou as semifinais nos Xogos Olímpicos de París após derrotar sucesivamente á chilena Mary Dee Vargas, á serbia Milica Nikolić e á kazaka Äbïba Äbwjaqinova. Obtivo o diploma olímpico ao acadar o 4º posto, logo de perder contra francesa Shirine Boukli no combate polo bronce.

Palmarés internacional Campionato EuropeoAnoLugarMedallaCategoría2023Montpellier (Francia)Bronce–48 kg

Notas

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1998 Categoría:Españois de ascendencia galega Categoría:Judokas de Galicia Categoría:Judokas de España Categoría:Judokas olímpicos de Galicia Categoría:Judokas olímpicos de España Categoría:Judokas nos Xogos Olímpicos de 2024