Last Place é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Grandaddy, publicado o 3 de marzo de 2017 a través do selo 30th Century Records. Autoproducido e gravado polo líder e artista principal da banda Jason Lytle, o álbum é o primeiro de Grandaddy dende Just Like the Fambly Cat (2006) e a ruptura anterior do grupo.

Inspirado liricamente no divorcio de Lytle, o álbum estivo precedido polos sinxelos "Way We Won't", "A Lost Machine" e "Evermore". Este é o último álbum no que aparece Kevin García no baixo, xa que morrería dun derramo cerebral dous meses despois do seu lanzamento.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Grandaddy Categoría:Álbums musicais de 2017