A filosofía da evolución é a rama da filosofía que examina as implicacións filosóficas da evolución e as interseccións da bioloxía evolutiva con outros campos como a epistemoloxía, ética, estética e filosofía política.
O libro de Charles Darwin de 1859 A orixe das especies é xeralmente considerado como o comezo da concepción contemporánea da evolución. A historia do pensamento evolucionista abrangue desde a antiguidade aos desenvolvementos contemporáneos incluíndo a síntese evolutiva moderna, a síntese evolutiva ampliada e o darwinismo universal.
Historia A teoría evolutiva foi transformada polo libro de Charles Darwin de 1859 A orixe das especies; ata esa data a idea de progreso evolutivo tivera unha presentación pseudocientífica, sen verdadeiras evidencias que a apoiasen.
No século XX a ciencia evolutiva chegou á síntese evolutiva moderna, e no século XXI está en marcha a chamada síntese evolutiva ampliada.
O spencerismo social foi unha aplicación distorsionada das ideas de Darwin resultante das éticas problemáticas de Herbert Spencer.
Filosofía
Definicións
miniatura|upright=1.35|George Gaylord Simpson argumentou contra a idea inxenua de que evolucións como a do cabalo tivesen lugar en "liña recta". Sinalou que calquera liña que se escolla é un camiño da complexa árbore ramificada, xa que a selección natural non impón unha dirección.
A cerna da evolución é que todo pode cambiar, porque as variantes que están mellor adaptadas son seleccionadas: pero crucialmente sen ningún tipo de dirección ou plan global. Porén, hai unha teoría que mantén que a evolución ten unha dirección e é progresiva chamada ortoxénese. Ademais da crenza xeral popular de que esta direccionalidade é o que comporta a evolución, isto foi apoiado por algúns biólogos, como o experto en formigas E. O. Wilson, aínda que non é darwinista.
Causas da evolución Os filósofos da evolución debateron se a selección natural e outros mecanismos da evolución son causas do cambio, ou se son simplemente resumos no nivel alto dos efectos de moitos eventos como as mortes de individuos específicos.
Unidades da evolución Outra área de discusión é cal é a unidade de evolución. A selección adoita aplicarse a nivel de organismo individual (un concepto problemático), pero poden propoñerse casos de selección nos niveis máis baixos como os xenes ([èvolución centrada nos xenes]]) ou a niveis altos como os grupos que viven xuntos, pero raramente ou nunca ao nivel dunha especie completa.
Altruísmo O debate continuou sobre a evolución do altruísmo, comportamento que pode ser nocivo para o individuo que o practica, pero beneficioso para outros. As explicacións propostas centráronse outra vez en se a evolución ten lugar a nivel de individuo ou de grupos. A selección de parentesco propón que debería evolucionar o altruísmo cando individuos que están estreitamente emparentados viven xuntos.
Subdominios Os subdominios da filosofía da evolución son a súa epistemoloxía, a súa lóxica e a súa metafísica.
Epistemoloxía evolutiva A epistemoloxía evolutiva foi discutida por Donald T. Campbell no seu ensaio de 1974 "Evolutionary Epistemology", parte do libro en dous volumes The Philosophy of Karl Popper. Aborda de forma naturalista a epistemoloxía, parte da filosofía da ciencia. Subscribe a idea de que a cognición é principalmente un produto da evolución biolóxica. O ensaio de Campbell de 1974Evolutionary Epistemology desenvolve unha teoría seleccionista da creatividade humana. O erudito da ciencia da creatividade Dean Keith Simonton contribuiu significativamente á epistemoloxía evolutiva. Propuxo un modelo darwinista da psicoloxía do descubrimento científico, refinando o modelo de Campbell de variación cega e retención selectiva (modelo BVSR ou blind variation and selective retention).
Lóxica evolutiva A lóxica evolutiva é unha teoría de racionalidade na que as leis da lóxica xorden como un aspecto intrínseco da bioloxía evolutiva. William S. Cooper, no seu libro de 2001 The Evolution of Reason: Logic as a Branch of Biology, ilustra como as regras lóxicas se derivan directamente dos principios evolutivos.
A evolución como computación é un concepto explorado por John Mayfield no seu libro de 2013 The Engine of Complexity: Evolution as Computation. Nel sintetiza os conceptos básicos procedentes de múltiples disciplinas para ofrecer unha nova perspectiva para comprender como funciona a evolución e como os organismos e estruturas complexos, organizacións e ordes sociais poden orixinarse e de feito se orixinan, baseándose na teoría da información e a ciencia computacional.
Metafísica evolutiva
A metafísica evolutiva é unha perspectiva que olla os conceptos metafísicos a través das lentes da bioloxía evolutiva. John Dupré, no seu traballo The metaphysics of evolution, publicado en Interface Focus (2017) explora as implicacións do proceso metafísico para conceptualizar a evolución.
Aplicacións noutros dominios A filosofía da evolución crúzase con outros dominios, como a ética, estética, as artes, e a filosofía política.
Ética evolutiva A ética evolutiva examina as implicacións da bioloxía evolutiva nas teorías éticas. O filósofo da evolución Michael Bradie fixo contribucións significativas a este campo.
O libro de David Sloan Wilson (2019) This View of Life e a súa novela satírica Atlas Hugged (2021) examina a ética da evolución, explorando o comportamento prosocial (altruísmo) fronte ao comportamento egoísta.
Estética evolutiva e as artes
A estética da evolución é o estudo da arte desde o punto de vista biolóxico. Entre os eruditos da ciencia, as artes e humanidades en estética da evolución están Edward O. Wilson, Dennis Dutton, Joseph Carroll, Brian Boyd, Steven Pinker, Jonathan Gottschall, Ellen Dissanayake, e varios antropólogos bioculturais.
O modelo de sistemas socioculturais evolutivos de creatividade do psicólogo Mihaly Csikszentmihalyi é un modelo explicitamente darwinista da variación, selección e transmisión de unidades de cultura creativas (novas, útiles e sorprendentes), en todos os dominios da cultura.
Filosofía política evolutiva
A filosofía política evolucionista aplica os principios da evolución ao estudo dos sistemas políticos. O libro de Karl Popper (1945) The Open Society and its Enemies presenta a filosofía política vista desde unha perspectiva evolucionista, como tamén o fai o libro de David Sloan Wilson (2019) This View of Life: Completing the Darwinian Revolution.
The Handbook of Biology and Politics (2017) de S. Peterson examina a biopolítica e as interconexións entre a bioloxía evolutiva e as ciencias políticas. O volume editado reúne investigacións que aplican ideas evolutivas e biolóxcas, para comprender mellor os comportamentos políticos, as institucións, as ideoloxías e a dinámica social.
Epistemoloxía evolutiva aplicada
Desde 2012 a 2024 Nathalie Gontier foi a fundadora e directora de AppEEL, o Applied Evolutionary Epistemology Lab, un grupo internacional de académicos que aplican a epistemoloxía evolutiva.
No artigo de 2012Applied Evolutionary Epistemology: A New Methodology to Enhance Interdisciplinary Research Between the Life and Human Sciences, Gontier explica como o programa de investigación da epistemoloxía evolutiva aplicada ten como obxectivo identificar: "as unidades, niveis e mecanismos da evolución biolóxica e sociocultural".
Un artigo de 2021 de Gontier e Michael Bradie examina a epistemoloxía evolutiva como "dúas vías de investigación, tres escolas e unha soa axenda compartida".
Notas
Fontes citadas
Bibliografía
Ligazóns externas
"Evolution", entrada da Stanford Encyclopedia of Philosophy
Categoría:Evolución Categoría:Filosofía da ciencia