Samuel Butler, nado o 4 de decembro de 1835 e finado o 18 de xuño de 1902, foi un novelista e crítico inglés, coñecido principalmente pola súa novela satírica utópica Erewhon (1872) e a novela semiautobiográfica The Way of All Flesh (publicada postumamente en 1903 con revisións substanciais, e publicada na súa forma orixinal en 1964 co título Ernest Pontifex or The Way of All Flesh). Ambas as novelas seguiron publicándose despois da súa primeira edición. Noutros estudos Butler examinou a ortodoxia cristiá, o pensamento evolucionista e a arte italiana, e fixo traducións en prosa da Ilíada e a Odisea que aínda se consultan.
Primeiros anos miniatura|Casa onde naceu e pasou a infancia Samuel Butler. Butler naceu o 4 de decembro de 1835 Robinson, Roger. "Butler, Samuel – Biography". Dictionary of New Zealand Biography. Ministry for Culture and Heritage. Consultado o 2 de outubro de 2012. na rectoría da vila de Langar, Nottinghamshire. O seu pai era o reverendo Thomas Butler, fillo do Dr. Samuel Butler, entón director da Shrewsbury School e despois bispo de Lichfield.Butler escribiu a obra The Life and Letters of Dr. Samuel Butler, Head-Master of Shrewsbury School 1798–1836, and Afterwards Bishop of Lichfield, publicada en dous volumes en 1896. O Dr. Butler, avó de Samuel Butler, era o fillo dun comerciante e descendente dunha liña de propietarios rurais, pero a súa aptitude académica foi recoñecida xa desde que era novo, e enviárono á Rugby School e á Universidade de Cambridge, onde se distinguiu nos seus estudos.
O único fillo do Dr. Samuel Butler, Thomas, quería enrolarse na Mariña Real pero sucumbiu ás presións paternas e entrou na clerecía anglicana, na cal fixo unha carreira corrente, ao contrario que o seu pai. Os parentes próximos do doutor creáronlle un ambiente familiar opresivo (narrado en The Way of All Flesh). Thomas Butler, deixou escrita unha crítica: "para compensar por ter sido un fillo servil, converteuse nun pai asoballador."
As relacións de Samuel Butler cos seus pais, especialmente co seu pai, Thomas, eran bastante antagónicas. A súa educación empezou en casa e incluía frecuentes malleiras, o cal non era infrecuente daquela. Samuel escribiu posteriormente que os seus pais eran "brutais e estúpidos por natureza". Posteriormente deixou escrito que seu pai "nunca gustou de min, nin eu del; desde as miñas primeiras lembranzas non podo traer á miña memoria ningunha vez que eu non tivese medo del e non me gustaba.... non pasei nin un día sen pensar nel moitas veces como un home que estaba seguro estaba contra min." Baixo a influencia dos seus pais, foi enviado a facer un curso para seguir os camiños do seu pai e facerse crego.
Enviárono á Shrewsbury School cando tiña doce anos, onde non gozou daquela vida dura baixo a dirección do seu director Benjamin Hall Kennedy, o cal despois retratou como o personaxe "Dr. Skinner" en The Way of All Flesh. Despois, en 1854, continuou estudos no St John's College, Cambridge, onde obtivo honores de primeira clase en Clásicas en 1858."Butler, Samuel (BTLR854S)". A Cambridge Alumni Database. University of Cambridge. A sociedade de graduados do St John's recibe o nome de Samuel Butler Room (SBR) na súa honra.
Traxectoria
miniatura|170px|Butler á idade de 23 anos, 1858 Despois de Cambridge, foi vivir a unha parroquia dunha zona de renda baixa de Londres 1858–1859 como preparación para a súa ordenación como crego anglicano; alí descubriu que o bautismo dos meniños aparentemente non creaba diferenzas na moral e comportamento dos seus iguais e empezou a cuestionarse a súa fe. Esta experiencia serviría máis tarde como inspiración da súa obra The Fair Haven. A correspondencia co seu pai sobre o asunto non conseguiu darlle paz ao seu espírito, e, ao contrario, incitou a ira do seu pai. Como resultado, en setembro de 1859, no barco Roman Emperor,Lyttelton Times, 28 de xaneiro de 1860. emigrou a Nova Zelandia.
Butler foi alí, como moitos outros dos primeiros colonos ingleses de orixes materialmente privilexiadas, para poñer a máxima distancia entre el e a súa familia. Escribiu da súa chegada e vida como gandeiro de ovellas en Mesopotamia Station no libro A First Year in Canterbury Settlement (1863), e obtivo uns bos beneficios cando vendeu a granxa, pero o seu principal logro durante ese período alí consistiu nos esbozos que escribiu e fontes de materiais para gran parte da súa obra mestra Erewhon.
Erewhon revelou o interese que desde antigo tiña Butler polas teorías de Darwin da evolución biolóxica. En 1863, catro anos despois de que Darwin publicase A orixe das especies, o editor dun xornai neozelandés, The Press, publicou unha carta coa lenda "Darwin among the Machines", escrita por Butler, pero asinada co nome de Cellarius. Compara a evolución humana á evolución das máquinas, profetizando que as máquinas acabarían por substituír aos seres humanos na supremacía sobre a Terra: "No curso das idades atoparémonos sendo a raza inferior"."Darwin among the Machines" está reimpresa nos Notebooks of Samuel Butler no Proxecto Gutenberg A carta presenta moitos dos temas que hoxe debaten os que propoñen a singularidade tecnolóxica, por exemplo que as computadoras evolucionarán moito máis rápido que os humanos e que estamos correndo cara a un futuro que non podemos coñecer a través do explosivo cambio tecnolóxico.
Butler tamén dedicou tempo a criticar Darwin, parcialmente porque Butler (á sombra do previo Samuel Butler) cría que Darwin non comprendera suficientemente ben a contribución do seu avó Erasmus Darwin á súa teoría.<ref>"Evolution, Old & New Or, the Theories of Buffon, Dr. Erasmus Darwin and Lamarck, as compared with that of Charles Darwin", reimpreso nos Notebooks no Proxecto Gutenberg</ref>
Butler volveu a Inglaterra en 1864, establecéndose nunhas habitacións da Clifford's Inn (preto Fleet Street), onde viviu durante o resto da súa vida. En 1872, publicouse anonimamente a novela utópica Erewhon, causando certas especulacións sobre quen sería o seu autor. Cando o propio Butler revelou a súa autoría, Erewhon converteuno nunha figura ben coñecida, máis debido a esta especulación que polos seus méritos literarios, os cales non foran postos en dúbida.
Tivo menos éxito cando perdeu diñeiro ao investir nunha compañía de barcos de vapor canadense e na Canada Tanning Extract Company, da cal el e o seu amigo Charles Pauli foron nomeados directores. En 1874 Butler foi ao Canadá, "loitando contra todo tipo de fraude" nun intento de salvar a compañía, a cal se afundiu, quedando reducido o seu propio capital a 2000 libras.Colour Library Book of Great British Writers, p. 207. Colour Library Books (Godalming, England) (1993).
En 1839 o seu avó o Dr. Butler deixoulle en herdanza unha propiedade en Whitehall en Abbey Foregate, Shrewsbury, con tal de que Samuel sobrevivise ao seu propio pai e tía, a filla do Dr. Butler Harriet Lloyd. Mentres estaba en Cambridge en 1857 vendeu a mansión de Whitehall e seis acres ao seu curmán Thomas Bucknall Lloyd, pero conservou o resto da terra que rodeaba a mansión. A súa tía morreu en 1880 e a morte do seu pai en 1886 resolveu os seus problemas financeiros dos últimos 16 anos da súa vida. As terras de Whitehall vendéronse para urbanizalas; el creou e nomeou catro rúas: Bishop e Canon Streets polos títulos clericais dos seu avó e pai, Clifford Street polo seu fogar de Londres, e Alfred Street en gratitude ao seu empregado. Cando na década de 1870 a súa antiga Shrewsbury School propuxo trasladar a sede a un sitio en Whitehall, Butler opúxose publicamente e a escola finalmente tivo que trasladarse a outro sitio. Capítulo 10 – Cherry Orchard, the growth of a Victorian suburb.
Butler gozaba da vida indo de vacacións a Italia todos os veráns e mentres estaba alí creaba as súas obras sobre a paisaxe e a arte italiana. O seu grande interese pola arte dos Sacri Monti reflíctese en Alps and Sanctuaries of Piedmont and the Canton Ticino (1881) e Ex Voto (1888). Escribiu outros libros, incluíndo unha secuela que tivo menos éxito, Erewhon Revisited. A súa novela semiautobiográfica The Way of All Flesh, non apareceu impresa ata despois da súa morte, xa que el consideraba o seu ton de ataque satírico sobre a moralidade vitoriana demasiado polémico naquel momento.
Butler finou o 18 de xuño de 1902 aos 66 anos, nunha residencia de anciánsArticle by "E. M. L." (Colonel E. M. Lloyd). de St. John's Wood Road, Londres. Artigo de Elinor Shaffer. Polo seu desexo, foi cremado no crematorio de Woking e hai diferentes informes sobre se as súas cinzas foron dispersadas ou enterradas nunha tumba sen marcar.
George Bernard Shaw e E. M. Forster admiraban a Samuel Butler, quen trouxera un novo ton á litertura vitoriana e empezarsa a tradición da literatura utópica/distópica de Nova Zelandia que culminou nas obras de Jack Ross, William Direen, Alan Marshall e Scott Hamilton.
Sexualidade
A sexualidade de Butler estivo suxeita a especulacións académicas e debates. Butler nunca casou, aínda que durante anos facía visitas regulares a unha muller chamada Lucie Dumas. Herbert Sussman, que chegou á conclusión de que Butler era homosexual, opinaba que a asociación sexual de Butler con Dumas era simplemente unha válvula de escape para o seu "intenso desexo polo seu mesmo sexo". A teoría de Sussman denomina a aceptación de Butler da "solteiría" simplemente un medio de manter a respectabilidade de clase media en ausencia de matrimonio; sinala que non hai evidencias de que Butler tivese ningún "contacto xenital con outro home", pero alega que as "tentacións de traspasar a liña tensaron as súas relacións estreitas con machos."Sussman, Herbert. "Samuel Butler as Late-Victorian Bachelor: Regulating and Representing the Homoerotic." Samuel Butler: Victorian against the Grain, a Critical Overview. Paradis, James G., ed. Toronto: University of Toronto Press, 2007.
A súa primeira amizade significativa con homes foi co xove Charles Pauli, fillo dun home de negocios alemán en Londres, a quen Butler coñeceu en Nova Zealandia. Volveron a Inglaterra xuntos en 1864 e alugaron apartamentos xuntos en Clifford's Inn. Butler obtivera importantes ingresos da venda da súa granxa de Nova Zelandia e asumiu a financiamento dos estudos de leis de Pauli pagándolle unha suma regularmente, o que Butler continuou facendo bastante despois de que a súa amizade arrefriara, ata que Butler gastou todos os seus aforros. Cando Pauli morreu en 1892, Butler quedou sorprendido ao saber que Pauli se beneficiara de acordos similares con outros homes e que morrera na riqueza, pero sen deixarlle nada a Butler no seu testamento.Geddis, Catherine. "Butler, Samuel." glbtq: An Encyclopedia of Gay, Lesbian, Bisexual, Transgender, and Queer Culture, glbtq.com, 21 de xullo de 2006, consultado o 8 de maio de 2012.Robinson, J. Z. "Samuel Butler". Who's Who in Gay and Lesbian History: From Antiquity to World War II, Robert Aldrich and Garry Wotherspoon, eds. Nova York: Routledge, 2001, pp. 90–91.
Despois de 1878, Butler fíxose íntimo amigo de Henry Festing Jones, ao cal Butler convenceu de deixar o seu traballo como avogado e pasar a ser o seu asistente literario persoal e compañeiro de viaxes, cun salario de 200 libras ao ano. Aínda que Jones mantiña o seu propio aloxamento na Barnard's Inn, os dous homes estiveron véndose diariamente ata a morte de Butler en 1902, colaborando en proxectos musicais e literarios polo día, e asistindo a concertos e teatros polo serán; tamén ían frecuentemente de viaxe xuntos por Italia e outras partes favoritas de Europa. Despois da morte de Butler, Jones editou os cadernos de Butler para a súa publicación e publicou a súa propia biografía de Butler en 1919.