Hounds of Love é o quinto álbum de estudio da músico inglesa Kate Bush, publicado o 16 de setembro de 1985 a través do selo EMI Records.Smith, Robin (14 de setembro de 1985). "From Hills to Hounds". Record Mirror. p. 4. ISSN 0144-5804 Foi un éxito comercial e supuxo un regreso ao público para Bush despois das relativamente baixas vendas do seu álbum anterior, The Dreaming (1982). O sinxelo principal do álbum, "Running Up That Hill (A Deal with God)", converteuse nun dos maiores éxitos de Bush, odándolle o seu segundo sinxelo número un do Reino Unido en xuño de 2022. A primeira cara do álbum produciu outros tres sinxelos, "Cloudbusting", "Hounds of Love" e "The Big Sky". A segunda cara, subtitulada The Ninth Wave, forma unha suite conceptual sobre unha muller frotando soa no mar pola noite.
Hounds of Love recibiu aclamación da crítica tanto en críticas contemporáneas como retrospectivas. É considerado por moitos fans e críticos musicais o mellor álbum de Bush, e foi votado regularmente como un dos mellores discos de todos os tempos.Roberts, David, ed. (2006). British Hit Singles & Albums (19th ed.). London: Guinness World Records. pp. 400-401. ISBN 978-1-904994-10-7 Foi o segundo álbum de Bush en encabezar a lista de álbums do Reino Unido, e nos Estados Unidos alcanzou o top 40 da Billboard 200. Hounds of Love é o álbum de estudio máis vendido de Bush,Fitzgerald Morris, Peter (1997). Hounds of Love (libreto do CD). Kate Bush. Londres: EMI. p. 3 xa que foi certificado dobre platino por 600 000 vendas no Reino Unido, e en 1998 vendera 1,1 millóns de copias en todo o mundo."100 Greatest Albums Ever". Q. No. 137. Febreiro de 1998. pp. 37-68 O álbum foi nomeado nos Brit Awards de 1986 ao premio ao Mellor Álbum Británico, nos que Bush tamén foi nomeada ao premios de Mellor Británica Feminina e ao de Mellor Sinxelo Británico por "Running Up That Hill". En 2022 o álbum volveu entrar en varias listas, incluíndo o número un no Billboard Top Alternative Albums, debido á aparición de "Running Up That Hill" na serie de Netflix Stranger Things.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Kate Bush Categoría:Álbums musicais de 1985 Categoría:Álbums de EMI Records