Ungulani Ba Ka Khosa, nome tsonga (grupo étnico do sul de Moçambique) de Francisco Esaú Cossa, nado en Inhaminga (distrito de Cheringoma, provincia de Sofala, Mozambique) o 1 de agosto de 1957, é un escritor e profesor de Mozambique.
Traxectoria Khosa completou a educación primaria na provincia de Sofala e a secundaria, en parte en Lourenço Marques e en parte en Zambézia. En Maputo realizou o seu bacharelato en Historia e Xeografía na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade Eduardo Mondlane e exerceu como profesor de secundaria.
En 1982 traballou durante ano e medio no Ministerio de Educación. Seis meses despois de deixar o Ministerio de Educación, foi convidado a traballar na Asociación de Escritores de Mozambique (AEMO), da que é membro. Foi Director do Instituto Nacional do Livro e do Disco e Director Adxunto do Instituto Nacional de Cinema e Audiovisual de Moçambique. Durante a década de 90, foi cronista assiuo de varios xornais.
Comezou a súa carreira como escritor coa publicación de varios contos e participou na fundación da revista Charrúa de AEMO.
Foi a realidade que viviu en Niassa e Cabo Delgado, onde había zonas de campamentos de reeducación mal organizadas, a que o fixo inclinar máis pola literatura e, por iso, sentiu a necesidade de escribir para falar e expor esta realidade á xente.
Ten un forte vínculo coa cultura brasileira, tendo participado de varios eventos culturais e académicos no Brasil, como FlinkSampa (São Paulo/SP), Afrolic (Recife/PE), FliPoços (Poços de Caldas – MG), USP (São Paulo/SP) e Unicamp (Campinas/SP).
Influencias literarias
José Craveirinha Luís Bernardo Honwana Ernest Hemingway William Faulkner Franz Kafka Gabriel García Márquez Mario Vargas Llosa Sembéne Ousmane Mongo Beti Chinua Achebe Ngugi wa Thiong'o
Obras Ualalapi (1987). Maputo: Associação dos Escritores Moçambicanos. (Novela; gañou o gran premio de ficción mozambicana en 1990) 2013: Belo Horizonte: Nandyala. Orgia dos Loucos( 1990). Maputo: Associação dos Escritores Moçambicanos. Histórias de amor e espanto (1999). Maputo: INLD. No Reino dos abutres (2002). Sobreviventes da noite (2005). Maputo: Texto Editora. Orgia dos loucos (2008). Maputo: Alcance. 2016: Brasil: Editorial Kapulana. Choriro (2009). Lisboa: Sextante Editora. Entre as memórias silenciadas (2013). Maputo: Texto Editora. O Rei Mocho (2012). Maputo: Escola Portuguesa de Moçambique. 2016: Brasil: Editorial Kapulana. Orgia dos Loucos (2016) Brasil: Editorial Kapulana. Cartas de Inhaminga (2017). Gungunhana (2018). Porto Editora. 2018: Maputo: Plural Editores. Gungunhana: Ualalapi e As mulheres do Imperador (2018). Vozes da África.
Premios
Grande Prémio de Ficção Narrativa, com Ualalapi (1987), 1990. Prémio Nacional de Ficção, com Ualalapi (1987), 1994. Un dos 100 mellores novelas africanas do século XX: Ualalapi (1987), 2002. Prémio José Craveirinha de Literatura, con Os sobreviventes da noite (2005), Prémio BCI de Literatura, con Entre as memórias silenciadas (2013), 2013. Ordem de Rio Branco, Grau de Comendador (2018) concedido polo Goberno Brasileiro, polos 30 anos de carreira literriaa, iniciada coa publicación de Ualalapi, en 1987. Prémio José Craveirinha de Literatura, polo conxunto da obra literaria (2018).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Chabal, Patrick (1996). A literatura poscolonial da África lusófona. Londres: Hurst & Company. Chabal, Patrick (1994). Mozambican Voices literatura e nacionalidade. Lisboa: Veiga. Khosa, Ungulani Ba Ka (1990). Ualalapi. 2ª ed. Lisboa: Editorial Caminho. Laranjeira, Pires (1995). Literaturas africanas de expressao portuguesa. Lisboa: Universidade Aberta. Leite, Ana Mafalda (1998). Orais e escritos nas literaturas africanas: Ualalapi, Ungulani Ba Ka Kosa. Lisboa: Colibri.
Categoría:Escritores de Mozambique Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Mozambique Categoría:Escritores en lingua portuguesa