Alana é un trío musical galego formado por Antía Vázquez (Oleiros), Pablo Castro (Vimianzo) e Eloy Vidal (Ponteceso) en 2023. O grupo traballa co repertorio da música tradicional galega, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, achegándose ao pop ou á electrónica.
O nome do grupo procede da voz celta alun, que fai referencia á harmonía.
Integrantes Antía Vázquez: pandeireta e voz. Pablo Castro: percusións e gaita. Eloy Vidal: produción musical e voz.
Discografía Álbums Ano Título Detalles Singles Videoclip 2024 O xeito á cantigha Lanzamento: 4 de maio de 2024. «Foliada de Negreira» Idea orixinal: Jorge López Produción musical: ew Edición e mestura: Eloy Vidal Mastering: Manuel Dourado
Recoñecementos En 2023 gañaron os Premios Xuventude Crea na categoría de música.
Notas
Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais en galego Categoría:Grupos galegos de música tradicional