O castro dos Penedos, tamén coñecido como castro de Belesar, é un castro situado na parroquia de Belesar, no concello lucense de Vilalba.

Accédese a el logo de chegar á ponte de Meire e dende alí xa se ve unha forte pendente, que corresponde cunha parte do castro. Tamén recibe o nome de castro de Santa Catarina por unha capela en adoración á santa que se construíu sobre el e da que só se conserva un muro.Sitio web do concello de Vilalba. Arqueoloxía.

Descrición É o segundo de maior extensión de todo o concello, logo do castro de Goiriz. Atópase sobre un couto, conta con dobre muro defensivo e un terreo bastante irregular.

Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.

Lenda Existe unha historia de mouros no castro e un tesouro enterrado nun baúl.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo Bibliografía Cuba Rodríguez, X. R., Reigosa Carreiras, A., Xeografía mítica da provincia de lugo (I): Cen lugares con lenda, en Croa, nº8, 1998, pp. 42-63.

Penedos