dereita|miniatura|Vista do Salón de Cómic e a Ilustración celebrado no 2018 na Praza de Abastos.
dereita|miniatura|Estrela do artista Kiko da Silva do Boulevard do Salón do Cómic e a Ilustración de Cangas.
O Salón do Cómic e a Ilustración de Cangas é un evento anual arredor da banda deseñada e a ilustración, celebrado en celébrase en Cangas de Morrazo dende 1999 da man da Consellería de Xuventude do Concello. Móstranse traballos inéditos de artistas e debuxantes de banda deseñada, ademais de exposicións, dedicatorias dos autores, sesións de cine e mesmo concursos de cosplay. Historia
A asociación cultural Xiria (que en 1984 creara a Mostra de Teatro Cómico e Festivo) celebrara varias xornadas dedicadas a esta arte. En 1999 a Consellería de Xuventude decidiu celebrar o primeiro evento, co nome de Salón do Cómic de Cangas.
O salón adoita celebrarse no Auditorio de Cangas Xosé Manuel Pazos, edificio inaugurado no 2001. O recinto conta con distintos espazos. No vestíbulo celébranse os obradoiros e as charlas cos artistas, e na sala de exposicións no terceiro andar os 72 metros de parede permiten expor os orixinais, bosquexos e demais obra dos artistas convidados en cada edición. O anfiteatro resérvase para as proxección de filmes durante o Salón.
No ano 2018 o salón trasladou a súa actividade á Praza de Abastos municipal, ao atoparse nunha localización máis accesible ao gran público e tamén porque ese ano se buscaba reivindicar o papel da muller no eido da banda deseñada, co que se procurou convidar un gran número de mulleres artistas e localizar o evento nun espazo tan importante para o sector feminino da comarca. O salón adoita ter un recinto dende o que se fai as exposicións e co tempo foi engadindo novas localizacións como a Capela do Hospital, onde se celebrou un dos concursos pasarela cosplay ou o Boulevard, onde se dispuxo de estrelas da fama. Edicións
3º Salón do Cómic de Cangas Data: 1999 {15-20 marzo} Autor do cartel: Norberto Fernández Artistas: Norberto Fernández, Vanessa Durán, Sergio Bleda, Ramón F. Bachs Novidades: Nace o Certame do Cómic, os afeccionados poden ver a súas propostas expostas durante o Salón.
4º Salón do Cómic de Cangas Data: 2000 {17-22 xullo} Autor do cartel: Norberto Fernández Artistas: Miguelanxo Prado, Daniel Acuña, Julián Hernández, José Luís Agreda, Fauste C. Isorna, Mónica Novidades: 0
5º Salón do Cómic de Cangas Data: 2001 {23-29 xullo} Autor do cartel: Daniel Montero Artistas: Gene Ha, Carlos Ezquerra, Javi Rodríguez Novidades:
6º Salón do Cómic de Cangas Data: 2002 {15-21 xullo} Autor do cartel: Daniel Montero Artistas: Mauro Entrialgo, Carlos Ezquerra, Javi Rodríguez Novidades:
7º Salón do Cómic de Cangas Data: 2003 {21-27 xullo} Autor do cartel: Gene Ha Artistas: Carlos Pacheco, David López, Carlos Puerta, David Rubín, Miguel Porto, Kiko da Silva, Miguel Robledo Novidades: O salón estrea O tebeo, unha revista para recoller os traballos presentados nos Certames de Cómic.
8º Salón do Cómic de Cangas Data: 2004 {19-25 xullo} Autor do cartel: Kano Artistas: Kano, Víctor Rivas, Taracido, Monteys Novidades:
9º Salón do Cómic de Cangas Data: 2005 {18-24 xullo} Autor do cartel: Mónica (pseudonimo de José A. Calvo) Artistas: Fran Bueno, Horacio Altuna, Marcos Calo, Javier Pulido Novidades:
10º Salón do Cómic de Cangas Data: 2006 {18-24 xullo} Autor do cartel: José A. Calvo Artistas: Pascual Ferry, Félix Vega, Luís Davila. Proxección: Novidades: Co gallo do décimo cabodano expónse orixinais de tódolos artistas convidados dende o comezo do Salón.
11º Salón do Cómic de Cangas Data: 2007 {16-22 xullo} Autor do cartel: Luís Davila Artistas: Juan Díaz Canales, Juanjo Guarnido, Fernando iglesias, Kenny Ruíz Novidades:
12º Salón do Cómic de Cangas Data: 2008 {21-27 xullo} Autor do cartel: Kenny Ruíz Artistas: Manel Fontdevila, Al Barrionuevo, Tirso Cons Proxeccións: El motorista fantasma, Los 4 fantásticos 2, Transformers, Beowulf e Ratatouille. Novidades: O salón estrea páxina oficial. Luís Davila e Julio Carabias (Jvlivs) dirixen obradoiros de caricatura e cómic. Exposición que recolle os 10 anos de Banda deseñada galega, coordinada pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). O salón homenaxea a Horacio Altuna polo seu apoio cunha insignia de ouro e outr a prata para o resto de artistas de esta edición.
13º Salón do Cómic de Cangas Data: 2009 {20-26 xullo} Autor do cartel: Manel Fontdevila Artistas: Diego Olmos, Montse Martín, Alberto Guitián, Gabor. Proxeccións: Iron man, Los 4 fantásticos 2, Super hero movie, Hellboy 2: El ejército dorado e Wall.e. Novidades: Os artistas convidados debuxaran en vivo con adicatorias aos seus fans antes de cada charla-coloquio.
14º Salón do Cómic de Cangas Data: 2007 {23-31 outubro} Autor do cartel: Bartolomé Seguí Artistas: David Rubín, Kike Benlloch, Jacobo, Fernández, Felipe H. Cava, Bartolomé Seguí, Fran Jaraba Novidades:
15º Salón do Cómic de Cangas Data: 2012 {23-29 xullo} Autor do cartel: Alberto Guitián Artistas: Jose Domingo, Emma Ríos, Álex Cal. Proxeccións: Ponyo, Capitán América, Chico e Rita, Como entrenar a tu dragón, Persépolis e Up. Novidades:
16º Salón do Cómic de Cangas Data: 2013 {22-28 xullo} Autor do cartel: José Domingo Artistas: Manel Craneo, David Lafuente, Marina Seoane. Proxeccións: Los vengadores, Las aventuras de Tadeo Jones, Frankenweenie, Rompe Ralph!, The amazing Spider-Man e Brave. Novidades: Rebautizase o nome so salón como Salón do Cómic e a Ilustración de Cangas. El concierto de Uxía "Rosalía Pequeniña" programado para o derradeiro día do salón cancelouse debido ao accidente ferroviario de Santiago de Compostela en Agrois.
17º Salón do Cómic de Cangas Data: 2016 {18-24 xullo} Autor do cartel: Mónica Artistas: Fernando Blanco, Guillermo, Bernando Vergara, Víctor Rivas. Proxeccións: Deadpool, Los vengadores: la era de Ultrón, Carlitos y Snoopy, Big Hero 6 Novidades: O salón volta tras dous anos debido a problemas económicos do concello. Víctor Rivas expuso nesa edición na Capela do Hospital unha mostra das ilustracións das obras feitas conxuntamente con Ledicia Costas; Escarlativa, a cociñeira defunta (Xerias 2014) premiado co Premio Merlín e o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e Esmeraldina, a pequena defunta (Xerias 2016). Exposición sobre a carreira e legado de Castelao titulada "De Castelao ao mañá: unha ollada ao cómic galego" que contará con explicacións en lingua de signos.
18º Salón do Cómic de Cangas Data: 2018 {16-22 xullo} Autor do cartel: Víctor Rivas Artistas: Gazpacho Agridulce, Cristina Durán, Pacheco & Pacheco, Quan Zhou Wu, Raquel Riba, Bea Lima, José Antonio Calvo Téllez. Proxeccións: Kubo y las dos cuerdas mágicas, Valerian y la ciudad de los mil planetas, Guardianes de la galaxia Vol.2 Novidades: O salón cambia de localización e celébrase na praza de abastos. Celébrase o primeiro Concurso pasarela Cosplay. Recuperación da revista "O Tebeo" para recopilar as obras do Certamen de Cómic.
19º Salón do Cómic de Cangas Data: 2021 {19-25 xullo} Autor do cartel: Susi Broullón Artistas: Ana Oncina, Leandro Barea, Javier Olivares, Santigo Sequeiros. Proxeccións: Los Increíbles 2, Mirai, mi hermana pequeña (v.o.s.), SpiderMan un nuevo universo, Terra Willy, Como entrenar a tu dragón 3. Novidades: Por mor da Pandemia de COVID-19 o salón do 2020 celebrouse no 2021.
Galería de imaxes Algunhas imaxes para documentar mellor o evento e as experiencias celebradas:
Notas
Categoría:Cangas de Morrazo
Categoría:Banda deseñada
Categoría:Festivais en Galicia