As eleccións presidenciais no Senegal escollen o presidente da República do Senegal, e teñen carácter plenamente democrático dende a proclamación da independencia do país en 1960.
Os últimos comicios presidenciais tiveron lugar o 25 de febreiro de 2007 e reelixiron como presidente do país a Abdoulaye Wade.
Os presidentes da república senegalesa elíxense, dende a última reforma constitucional de 2001, por un mandato de cinco anos, renovábel unha soa vez. Con anterioridade a esta reforma, os mandatos eran de sete anos.
Eleccións presidenciais de 2007 A reelección de Abdoulaye Wade foi esmagadora en practicamente todo o territorio. Por departamentos, só perdeu en Nioro du Rip fronte a Moustapha Niasse, e en Thiès, fronte ao seu alcalde Idrissa Seck. Nalgunhas zonas do país a súa porcentaxe roldou o 80% dos votos.
Candidato Partido Votos %Abdoulaye Wade Partido Democrático Senegalés1 910 368 55,86Idrissa Seck Partido Democrático Senegalés510.610 14,93Ousmane Tanor Dieng Partido Socialista Senegalés463.967 13,57Moustapha Niasse Alianza das Forzas Progresistas202.8655,93Robert Sagna Takku Defaraat Sénégal88.3902,58Abdoulaye Bathily Liga Democrática - Movemento Político do Traballo75.7592,22Landing Savané And Jef - Partido Africano para a Democracia e o Socialismo70.6662,07Talla Sylla Alianza para o Progreso e a Xustiza - Jëf-Jël18.0140,53Cheikh Bamba Dièye Fronte para o Socialismo e a Democracia - Benno Jubël17.2330,50Mamadou Lamine Diallo Tekki Taaru Sénégal16.5510,48Mame Adama Guèye 13.6790,40Doudou Ndoye Unión pola República9.9290,29Alioune Mbaye 9.0240,26Louis Jacques Senghor Movemento para a Liberación do Pobo Senegalés8.2080,24Modou Dia 4.4880,13Total 3 419 751100%Participación 3 467 522 70,5
Eleccións presidenciais de 2000 Por primeira vez na historia do Senegal independente, un partido político distinto do Partido Socialista Senegalés accedía á presidencia da República. Foron necesarias dúas quendas electorais: a primeira celebrouse o 27 de febreiro de 2000 e a segunda o 19 de marzo. Nese momento, o mandato presidencial era por sete anos. O gañador foi Abdoulaye Wade, que derrotou na segunda volta dos comicios o presidente vixente Abdou Diouf.
Primeira volta
Candidato Partido Votos %Abdoulaye Wade Partido Democrático Senegalés518.740 31,01Abdou Diouf Partido Socialista Senegalés690.917 41,30Moustapha Niasse Alianza das Forzas Progresistas280.53816,77Djibo Leïty Kâ Unión pola República118.4847,08Iba Der Thiem Convención de Demócratas e Patriotas - Garab Gi20.1641,21Ousseynou Fall PRS18.6041,11Cheikh Bamba Dièye Fronte para o Socialismo e a Democracia - Benno Jubël16.2110,97Mademba Sock Asemblea dos Traballadores Africanos - Senegal9,3260,56Total 1 672 984100Participación 1 696 384 62,2
Segunda volta
Candidato Partido Votos %Abdoulaye Wade Partido Democrático Senegalés969.332 58,49Abdou Diouf Partido Socialista Senegalés687.969 41,51Total 1 657 301100%Participación 1 667 775 60,8%
Categoría:Senegal