O tesouro de Cabul, tamén coñecido como tesouro de Chaman-e-Hozori, é un tesouro monetario descuberto nos arredores de Cabul, Afganistán, en 1933. O depósito contiña arredor dun milleiro de pezas de prata, entre elas numerosos exemplares de moedas aqueménidas, así como moitas moedas gregas dos séculos V e IV a.C.Bopearachchi, O. (2000). Páxinas 300-301."106. Kabul: Chaman-i Hazouri". Center for Environmental Management of Military Lands (cemml.colostate.edu).Bopearachchi, O.; Cribb, J. (1992). Páxinas 57-59: "O máis importante e informativo destes atesouramentos é o de Chaman-e-Hozori, de Cabul, descuberto en 1933, que contiña siclos reais aqueménidas da parte occidental do Imperio Aqueménida, xunto cun gran número de moedas gregas que datan do século V e principios do IV a.C.".

O depósito do tesouro dátase aproximadamente en torno ao 350 a.C., xa que esta é a data probable da moeda menos antiga datable que forma parte del (unha imitación do tetradracma do moucho ateniense).Bopearachchi, O. (2000). Páxina 309 e nota 65.

Esta descuberta numismática resultou de grande importancia para o estudo e a datación da historia das emisións monetarias da India, xa que é un dos rarísimos casos en que as moedas punzonadas poden datarse, por mor da súa asociación con moedas gregas e aqueménidas no mesmo tesouro coñecidas e fielmente datadas. O tesouro demostra que as moedas punzonadas existían en 360 a.C., como tamén suxiren as probas literarias.Cribb, J. (1983). Páxinas 85-86. Consonte o numismático Joe Cribb, isto leva a considerar que a cuñaxe de moedas e o uso de técnicas de punzonado se introduciron na India a partir do Imperio Aqueménida, durante o século IV a.C.Cribb, J. (1983). Páxina 101. Así e todo, numerosos estudosos indios consideran que o desenvolvemento da cuñaxe de moeda nas chairas do Ganxes foi unha evolución autóctona.Goyal, S. (1999).

Contexto histórico miniatura|300x300px|Gandhara, no extremo nordeste do Imperio Aqueménida.

O val de Cabul e a rexión de Gandhara, ao oeste do río Indo, caeron baixo o dominio aqueménida durante o reinado de Ciro o Grande (600-530 a.C.). A rexión coñecíase tanto polo nome iraníano de Paruparaesanna como polo indio de Gandara. Ao principio foi administrada desde Bactriana, pero organizouse nunha satrapía separada cara a 508 a.C., con sede probablemente en Pushkalavati —preto da actual Charsadda, en Paquistán—.Olmstead, A. T. (1948). Páxina 144.Eggermont, P. H. L. (1975). Páxinas 175-177: "Cómpre ter coidado de distinguir a unidade xeográfica limitada de Gandhara da unidade política que leva o mesmo nome". Foi unha rexión que pagou tributos ata a época de Artaxerxes I (424 a.C.),Olmstead, A. T. (1948). Páxina 292. mais seguiu a formar parte da concepción real do imperio ata a conquista de Alexandre o Grande, cara a 323 a.C.Magee, P. et al. (2005). Páxina 714. Col. 1. En tempos de Alexandre, a rexión estaba gobernada por sátrapas —gobernantes por dereito propio, mais sometidos ao emperador—.Magee, P. et al. (2005). Nota ao pé 35. A natureza da Administración local baixo o Imperio Aqueménida é incerta. Magee et al. sinalan que nin as fontes aqueménidas nin as clásicas mencionan a presenza de sátrapas en Gandhara. Emporiso, houbo personalidades oficiais coas que se toparon os acompañantes de Alexandre.

miniatura|250x250px|Moeda tipo de Creso, a creseida, cuñada en Lidia baixo os reinados de Ciro o Grande a Darío I. Ca. 545-520 a.C."Kings of Lydia. Time of Cyrus to Darios I. Circa 545-520 BC. AV Stater". Classical Numismatic Group (cngcoins.com).

A cuñaxe de moedas foi desenvolvida polos gregos de Asia Menor, influídos polas emisións lidias no século VII a.C. Nos dous séculos seguintes, o uso da moeda estendeuse por todo o Mediterráneo.Graham, O. (2013). Páxina 174. Col. 1: "A moeda grega antiga desenvolveuse en Asia Menor, probablemente influída pola circulación da moeda lidia no século VII a.C. A produción de moeda grega medrou co florecemento das polis e estendeuse por todo o Mediterráneo durante o apoxeo da fase de colonización entre ca. 700 e ca. 500 a.C. Como resultado, a cuñaxe de moeda na Antigüidade foi un fenómeno esencialmente grego e converteuse nun medio de intercambio cuxo legado perdura hoxe en día". A conquista aqueménida de Asia Menor en 540 a.C. non supuxo un cambio inmediato na situación: a moeda grega continuou baixo o dominio aqueménida e o propio centro iraniano apenas utilizaba o diñeiro.Alram, M. (2016). Páxinas 61-62: "Nin a civilización exipcia nin a mesopotámica precisaran a moeda como forma de diñeiro; ademais, os aqueménidas do corazón de Irán seguiron apegados a unha economía de troco durante todo o seu reinado, utilizando produtos básicos como o millo, a carne e o viño, así como lingotes de prata". Darío I introduciu novas moedas aqueménidas —dáricos de ouro e siclos de prata—, principalmente para substituír as moedas lidias en Asia Menor.Alram, M. (2016). Páxinas 64-65. As cidades gregas seguiron a cuñar as súas propias moedas de prata. Así, unha mestura destas moedas de prata gregas e os siclos aqueménidas comezaron a circular por todo o Imperio Aqueménida, aínda que xeralmente eran maioritarias as moedas gregas.Alram, M. (2016). Páxinas 69-71: "os tetradracmas de Atenas, sobre todo, convertéranse no transcurso do século V nunha especie de moeda de comercio mundial [...] Os aqueménidas introduciran a súa propia moeda distintiva en Asia Menor, que, porén, só formaba unha pequena parte da oferta monetaria e circulaba xunto coas moedas gregas locais e importadas".

Descuberta e almacenamento do tesouro miniatura|250x250px|O espazo aberto detrás do Estadio Ghazi é p Parque Chaman-e-Hozori, onde apareceu o tesouro.

O tesouro foi descuberto por un equipo de construción en 1933, cando se escavaban os alicerces dunha casa preto do parque Chaman-i Hozori, no centro da cidade de Cabul. Segundo o daquela director da Delegación Arqueolóxica Francesa en Afghanistan (DAFA), o tesouro contiña unhas 1.000 moedas e algunhas xoias. 127 moedas e pezas de xoiaría leváronse ao Museo de Cabul e outras foron parar a diversos museos da India británica e a outros lugares. Dúas décadas máis tarde, Daniel Schlumberger, da DAFA, publicou fotografías e detalles dos achados almacenados no Museo de Cabul nun libro titulado Trésors Monétaires d'Afghanistan (1953).Curiel, R.; Schlumberger, D. (1953). "Achaemenid Rule (550-330 BC)". Center for Environmental Management of Military Lands (cemml.colostate.edu).

As moedas de Chaman-i-Hozori permaneceron no Museo de Cabul ata 1992-1993, cando os muxahidins afgáns saquearon o museo. Todas as moedas desapareceron, do mesmo xeito que outros obxectos. Dous anos máis tarde, 14 moedas do tesouro apareceron nunha colección privada de Paquistán. Os investigadores Osmund Bopearachchi e Aman ur Rahman publicaron os seus detalles no libro Pre-Kushana Coins in Pakistan (1995).Bopearachchi, O.; Rahman, A. ur (1995). Pre-Kushana Coins in Pakistan. IRM Associates Ltd., Karachi.

Contido do tesouro Véxase tamén: Moeda aqueménida

A aparición deste tesouro suxire, xunto con outros achados de moedas nas zonas de Afganistán e Paquistán, que as moedas gregas chegaran á India, polo menos ata o Indo, moito antes das conquistas de Alexandre o Grande. Isto sucedeu baixo o dominio dos aqueménidas.Bopearachchi, O. (2000). Páxinas 308 e seguintes. Os siclos aqueménidas representan unha pequena minoría, do mesmo xeito que nos tesouros doutras partes do imperio.Kagan, J. (2009). Páxinas 230-231.

Daniel Schlumberger publicou descricións de 115 moedas das conservadas no Museo de Cabul. Entre elas había 30 moedas de diversas cidades gregas, unhas 33 moedas atenienses e unha imitación iraniana dunha moeda ateniense, nove moedas reais aqueménidas de prata (siclos), 29 moedas cuñadas localmente das que se dicía que eran dun "tipo novo" e 14 moedas punzonadas en forma de barriñas dobradas.Cribb, J. (1985) . Páxina 548: "As imitacións iranianas eran copias próximas de tetradracmas de prata de Atenas; a derradeira moeda grega do tesouro de Chaman-e-Hozori é un exemplo destas copias iranianas dunha moeda ateniense". Parece que as moedas gregas clásicas e aqueménidas foron importadas de Occidente.

Siclos aqueménidas miniatura|250x250px|Siclo real aqueménida (485-470 a.C.) do tipo do rei arqueiro. Tamén se acharon moedas deste tipo no tesouro do túmulo de Bhir de Taxila, no Panxab paquistaní."Persia, Achaemenid Kings. Circa 485-470 BC. AR Siglos". Classical Numismatic Group (cngcoins.com).Bopearachchi, O.; Cribb, J. (1992). Páxinas 57-59: "Moedas deste tipo achadas nos tesouros de Chaman-e-Hozori (depositado cara a 350 a.C.) e do túmulo de Bhir (depositado cara a 300 a.C.)".

Acháronse varios exemplares de siclos no tesouro de CabulCuriel, R.; Schlumberger, D. (1953). Nº 65-72. como no do túmulo de Bhir, en Taxila (datado cara a 300 a.C.), que evidentemente se transmitiron desde a parte occidental do Imperio Aqueménida. Normalmente amosan no seu anverso a figura dun monarca aqueménida coroado e correndo cara á dereita, sostendo un arco e unha lanza —tipo coñecido como do "rei arqueiro"—, cunha marca de punzón rectangular no reverso.

Os diversos depósitos de moedas descubertos na parte oriental do Imperio Aqueménida teñen en xeral moi poucos espécimes de siclos, o que suxire que a circulación destas moedas era en realidade bastante pequena en comparación coa da moeda grega, tanto arcaica como clásica temperá, nesa parte do imperio.Kagan, J. (2009).

Moedas gregas Véxase tamén: Moeda da Antiga Grecia

miniatura|250x250px|As moedas do inicio da Atenas clásica son, con diferenza, o tipo máis presente no tesouro de Cabul. Ca. 454-404 a.C."Attica, Athens. Circa 454-404 BC. AR Tetradrachm". Classical Numismatic Group (cngcoins.com).Curiel, R.; Schlumberger, D. (1953). Nº 31-33.Kagan, J. (2009). Páxina 230: "O tesouro de Cabul de 1933, publicado por Schlumberger, constaba de máis de 115 moedas [...]. Atenas é novamente o grupo máis numeroso, con 33 tetradracmas rexistrados fronte a oito siclos. Ademais do estatero arcaico desgastado de Exina, un estatero fragmentario de Thasos e un estatero desgastado de Quíos poden ser arcaicos. Hai dous tetradracmas clásicos temperáns ben conservados de Acanto e un estatero clásico temperán de Córcira. Unha vez máis, hai un importante compoñente levantino representado por moedas de Panfilia, Cilicia e Chipre, aínda que ningunha de Fenicia."

As moedas gregas rexistradas no tesouro eran 30 exemplares procedentes de varias cidades gregas e unhas 34 de Atenas, xunto cunha imitación iraniana. En xeral, as moedas gregas, tanto as arcaicas como as clásicas temperás, son comparativamente moi numerosas nos tesouros de moedas aqueménidas descubertos no leste do Imperio Aqueménida, moito máis abundantes que os siclos, o que suxire que a circulación de moeda grega xogaba un papel fundamental no sistema monetario desa parte do Imperio.

Tipos arcaicos gregos

O tesouro de Cabul contiña algúns tipos de moedas gregas arcaicas —cuñadas antes de 480 a.C.—, entre elas algúns estateros arcaicos de Exina, Thasos e Quíos. Estas primeiras moedas cuñáronse utilizando un cuño no anverso cun deseño ilustrativo, en tanto que o reverso consiste en simples marcas xeométricas incusas gravadas cun punzón.Gates, C. (2013). Páxina 206.Metcalf, W. E. (2012). Páxina 45.

Primeiros exemplares da Grecia Clásica

Ademais, había dous tetradracmas clásicos temperáns de Acanto, así como un estatero de Córcira. Tamén había moedas das cidades de Levante: Panfilia e Chipre. O numismático Jonathan Kagan afirma que estas moedas deberon chegar á zona de Cabul pouco despois de seren cuñadas.