Villavicencio é un concello colombiano, capital do departamento de Meta e centro comercial máis importante das Chairas Orientais. Atópase na faldra da Cordilleira Oriental, ao noroeste do departamento de Meta, na beira dereita do río Guatiquía. Fundada o 6 de abril de 1840, contaba cunha poboación urbana aproximada de 552.010 habitantes en 2021. Presenta un clima quente, con temperaturas medias de 24 °C e 30 °C.
Notas
Categoría:Cidades de Colombia Categoría:Concellos de Meta