Rosalía Morlán Vieites, nada en Trazo en 1959 é unha enfermeira, escritora e docente galega. Traxectoria É diplomada en Enfermaría (DUE), e profesora asociada da Facultade de Enfermaría da Universidade de Santiago de Compostela.
Das súas obras destacan, en poesía para adultos, Nas rúas de Compostela (2016) e Camelias de amor (2021), e en infantil A coitada lúa (2010, mención de honra do Premio ARUME de poesía 2009), Estrelas de azucre (2012), O castelo da Rocha Forte (2014), Canta a lúa coas estrelas (2015), O dragón Antón e o sapo Rosendo (2019). Tamén publicou a obra de teatro infantil O libro do mundo dos soños (2013).
Acadou o Premio de Poesía sobre la mar Brisa Marina 2011 e o Premio de poesía Hernán Esquío (2012 e 2018, polo poema Amaneciendo el olvido), entre outros.
Dende hai anos vai aos colexios para falar de poesía con nenas e nenos de tres a catorce anos. É secretaria da Fundación Xosé Neira Vilas.
Obra
Poesía para adultos
Nas rúas de Compostela (2016). Camelias de amor (2021).
Poesía infantil
A coitada lúa (2010). Estrelas de azucre (2012). O castelo da Rocha Forte (2014). Canta a lúa coas estrelas (2015). O dragón Antón e o sapo Rosendo (2019).
Teatro infantil
O libro do mundo dos soños (2013).
Narrativa infantil
Cando o avó esqueceu o meu nome (2023). Vigo: Editorial Galaxia. Colección Árbore. Ilustracións de María Belén Rodríguez Pazo. ISBN: 978-84-1176-146-8.
Obra colectiva
Compostela. Relato Curto (2025). Xerais
Distincións
Mención de honra do Premio Arume de poesía 2009 por A coitada lúa. Premio de Poesía sobre la mar Brisa Marina 2011. Premio de poesía Hernán Esquío (2012 e 2018). Accésit Premio de Literatura infantil Simbad para o recordo e o alzhéimer 2022 por Cando o avó esqueceu o meu nome. Filla predilecta de Trazo. Notas
Categoría:Nados en Trazo Categoría:Nados en 1959 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Enfermeiros de Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá